CULTURA
Love of Lesbian ofrece dous concertos en Compostela coas entradas xa esgotadas
Love of Lesbian, un dos grupos máis importantes do indie español, chega a Santiago de Compostela facendo unha das paradas na súa xira de inverno, para presentar o seu último traballo e como única data en Galicia. Será na Sala Capitol o xoves 14 e de novo o venres 15. Houbo que aumentar unha data ao esgotarse rapidamente as entradas para a primeira e, de novo, volveron esgotarse, polo que xa non quedan entradas para estes concertos. A xira estaos a levar por toda España e nela ofrecen o seu novo espectáculo dúas horas e media...
PREMIO
Un proxecto do IES San Clemente obtén un dos primeiros premios europeos eTwinning
O Departamento de Cultura colaborou co IES San Clemente nun proxecto de colaboración escolar en Europa. Esta iniciativa, na que os profesores Marcos Vence e Xosé G. Ucha e nove alumnos participaron durante tres anos acaba de gañar o Premio Europeo eTwinning 2013 na categoría de alumnado de 16 a 19 anos. O resultado final é un libro de banda deseñada, feito por varios centros europeos, publicado en todas as linguas destes.
PREMIO
Down Galicia recibe en Santiago o primeiro galardón dos Premios de Voluntarios BBVA
Os Premios de Voluntarios do BBVA, que este ano celebran a súa sexta edición, recoñeceron o labor da Federación Down Galicia, outorgándolle o primeiro galardón, dotado con 40.000 euros. Esta institución ten a misión de facilitar a inclusión sociolaboral das persoas con discapacidade intelectual, especialmente con síndrome de Down, no mercado de traballo, a través das prácticas formativas nas oficinas de BBVA.
FESTAS
A Queima do Meco puxo fin ao Antroido
O Antroido concluíu coa tradicional queima do Meco na praza Roxa, despois dun cerimonial desfile de loito polas rúas de Compostela.
MOBILIDADE
O servizo de transporte urbano renova a súa flota con tres novos autobuses
O servizo de transporte urbano de Santiago de Compostela segue renovando permanentemente a súa flota e substituíndo os seus vehículos máis vellos por outros máis novos e respectuosos co medio ambiente. Desta vez incorpóranse tres novos autobuses, presentados na praza do Obradoiro polo alcalde, Ángel Currás; o conselleiro de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e o concelleiro de Tráfico e Mobilidade, Albino Vázquez.
FESTAS
A comparsa de robots dos Armatroula de Laraño e a carroza bélica Terra, Mar e Aire gañan o concurso do martes de Antroido
Os composteláns saíron un ano máis á rúa para contemplar o desfile do Antroido. Carrozas, comparsas, charangas e centos de disfraces animaron e deron colorido a unha tarde divertida, malia as inclemencias meteorolóxicas. Tras o percorrido polas rúas da cidade, o xurado elixiu os mellores en cada categoría, que se repartiron 12.000 euros en premios.
SEGURIDADE CIDADÁ
O Plan de Emerxencias Municipal establece protocolos de actuación e de coordinación para situacións de risco
O concelleiro de Tráfico, Mobilidade e Seguridade Cidadá, Albino Vázquez, presentou o Plan de Emerxencias Municipal (PEMU). Este documento establece protocolos de actuación e un sistema de coordinación permanente para situacións de emerxencia.
TURISMO
Santiago acolle por terceiro ano consecutivo a maior feira de vehículo de época de Galicia
O recinto feiral de Amio acolle do 15 ao 17 de febreiro a terceira edición do Retro Auto&Moto Galicia, convertida xa nunha cita obrigada para os amantes do automóbil e da motocicleta de época. A organización agarda a asistencia dunhas 20.000 persoas, provenientes fundamentalmente de Galicia e do Norte de Portugal.
CULTURA
Uxía presenta "Meu canto" no primeiro concerto da serie Cantigas de Mulleres
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, e Uxía presentaron o concerto que a artista dará dentro do ciclo Sons’13 e no que presentará o seu traballo Meu canto. Este concerto inaugura a serie Cantigas de Mulleres, inspirado no CD homónimo editado por Fol Música, unha compilación baixo a dirección artística de Uxía e que pretende ser unha escolma das mellores voces femininas da escena galega e unha mostra do gran talento e calidade das nosas artistas.
FESTAS
O Meco xa preside o Antroido de Compostela
O desfile do Meco abriu o Antroido de Compostela. O boneco, que este ano centra a súa atención na prima de risco, preside xa dende os balcóns do Pazo de Bendaña, na praza do Toural, unha celebración que traerá desfiles, concursos, premios e moita animación.