DEPORTES
O Concello e a Escudería Compostela preparan o XXV Rally Botafumeiro
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, reuniuse co presidente da Escudería Compostela, Manuel Ramos.
BENESTAR SOCIAL
Entregadas ao Banco de Alimentos as doazóns realizadas na festa solidaria do Multiúsos Fontes do Sar
A concelleira de Benestar Social, María Castelao, participou na entrega ao Banco de Alimentos das doazóns realizadas polos asistentes á festa solidaria realizada o domingo 19 no Multiúsos Fontes do Sar.
TURISMO
Técnicos de Tanabe coñecen o funcionamento da oficina de información turística de Santiago
Técnicos de Turismo de Santiago reuníronse con técnicos de Turismo de Tanabe na sede da empresa municipal de promoción turística, na rúa do Vilar. A xuntanza xirou en torno a dúas temáticas: por unha banda, a concreción das diferentes actividades de promoción que se levarán a cabo nos vindeiros meses, seguindo as liñas marcadas polo alcalde compostelán, Ángel Currás, e os representantes políticos da cidade nipona, reunidos este luns no Pazo de Raxoi; e por outra, nun intercambio de...
TURISMO
Área Santiago quere converter a pesca deportiva nun atractivo turístico da zona
Os técnicos do grupo Área Santiago mantiveron no edificio Cersia unha xuntanza na que participou o escritor e xornalista Miguel Piñeiro, un dos mellores expertos de Galicia na pesca deportiva e os seus vínculos co turismo. A participación de Miguel Piñeiro foi suxerida polo Concello de Melide, co obxectivo de continuar desenvolvendo un proxecto turístico centrado nos recursos cos que conta a zona para a pesca deportiva.
ORZAMENTOS
O Concello presenta un orzamento dinamizador que aposta polos servizos sociais, o investimento e a baixada de impostos
A concelleira de Facenda, Cecilia Sierra, presentou o orzamento municipal de 2014, que prevé ingresos e gastos polo mesmo importe 100.941.779 euros. Trátase pois dunhas contas equilibradas que apostan por seis eixes de actuación: apoio á promoción e á dinamización; políticas de carácter inversor; fomento do emprego; sostibilidade do gasto social, dos servizos públicos e da calidade de vida; mellora da eficiencia da Administración e política fiscal equitativa.
CENTROS SOCIOCULTURAIS E TRÁFICO
Novas charlas da Policía Local para maiores
Este mes de xaneiro continúan as charlas dedicadas á seguridade dos peóns das zonas rurais de Compostela, enmarcadas na campaña "Mira que te miren", tras as realizadas en Figueiras e Marantes. A colaboración entre as concellerías de Tráfico e Seguridade Cidadá e de Centros Socioculturais e Participación Cidadá fará posible novas sesións informativas en Laraño, Villestro e A Peregrina.
TURISMO
Tanabe e Santiago ultiman o programa de actos con motivo do Ano Dual España Xapón
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis, recibiron unha delegación da cidade xaponesa de Tanabe. Neste encontro seguiuse a perfilar o programa de actividades que se realizará en Santiago nos meses de maio e xuño con motivo do Ano Dual España Xapón 2013-2014.
XUVENTUDE
Arranca o proxecto Compostela Actúa
Co obxectivo de dinamizar o movemento artístico e musical entre a cidadanía de Compostela, a Concellería de Xuventude pon en marcha o proxecto Compostela Actúa, que contará nos seus inicios con tres vertentes: grupo de teatro, grupo coral e grupo instrumental. Preto de 50 mozos participan no programa, tras ser escollidos entre os máis de 100 presentados aos castings.
BENESTAR SOCIAL
O Multiúsos do Sar acolleu unha festa solidaria a prol do Banco de Alimentos
A Concellería de Benestar Social e o Multiúsos Fontes do Sar organizaron un evento con fins benéficos no que ás actividades infantís do Multixogo se sumou unha maratón extraordinaria de zumba para toda a familia. Para acceder á festa solidaria tan só era preciso realizar na entrada ao recinto unha achega dun quilo de alimentos (non caducados, que non superaran a data de consumo preferente, e debidamente etiquetados). Finalmente participaron 300 persoas e xuntáronse 500 quilos de alimentos, que irán destinados ao Banco de...
TURISMO
Homenaxe aos veciños que mantiveron vivo o Entroido dos Xenerais da Ulla
O Museo do Pobo Galego acolleu un acto de homenaxe aos veciños das parroquias onde celebra o Entroido dos Xenerais da Ulla, que en setembro do ano pasado recibiu a declaración de Festa de Interese Turística por parte da Xunta de Galicia. O acto estivo organizado conxuntamente polos oito concellos onde ten lugar o Entroido dos Xenerais da Ulla: A Estrada, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces. O alcalde compostelán, Ángel Currás, e varios concelleiros participaron na cerimonia.