TURISMO
A Cidade da Cultura acolleu a IV edición dos Premios Mágnum do Viño Galego.
O Centro de Innovación Cultural do Gaiás reuniu unhas 200 personas para celebrar e premiar os mellores profesionais do viño en Galicia. Asistiu o alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis.
URBANISMO
Conta atrás para a apertura dos parques das prazas de Vigo e Galicia
A concelleira da área de Desenvolvemento Urbano Sostible, María Pardo, visitou as obras que se están a levar a cabo nas prazas de Galicia e Vigo para a construción de sendos parques infantís. Estarán abertos neste mes de marzo.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Obradoiros de gastronomía internacional no centro sociocultural das Fontiñas
O centro sociocultural das Fontiñas, continuando coas actividades no marco do Programa de Voluntariado Europeo, organiza catro obradoiros co nome "Cociña en familia".
DEPORTES
Máis de 300 corredores participaron na I BTT Nocturna de Compostela
A proba, inédita en Galicia, contaba co atractivo de ser realizada nunha zona urbana próxima ao centro compostelán e de noite. Máis de 300 persoas tomaron a saída na Alameda arredor das 20 horas.
EDUCACIÓN
A Concellería de Educación lembra que continúa aberto ata o 15 de abril o prazo de preinscrición nas escolas infantís de Fontiñas, Conxo e Meixonfrío
En documento adxunto pode comprobarse a relación de prazas vacantes nas escolas municipais para o curso 2014-2015.
DEPORTES
O Concello acometerá este ano as obras no campo de fútbol situado a carón do Psiquiátrico de Conxo
A concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano Sostible, María Pardo, e o edil de Depores, Adrián Varela, visitaron o campo que xestionará o Concello en virtude do convenio asinado coa Consellería de Sanidade o pasado 12 de novembro. Unha das principais mellora consistirá no cambio do campo de terra por herba sintética. En total investirase medio millón de euros.
URBANISMO
A rúa Raxoi experimentará unha completa reurbanización
A concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano Sostible, María Pardo, presentou o proxecto de reurbanizción da rúa Raxoi, segunda fase, que contará cunha inversión de 110.571,39 euros (IVE engadido). O prazo de execución é de catro meses.
DEPORTES
Santiago acolle este sábado a primeira proba de BTT nocturna que se celebra en Galicia.
Arranca así o I Campionato BTT Cidade de Compostela, que terá dúas probas máis en maio e xuño.
Un total de 300 corredores medirán a súa habilidade sobre as súas bicicletas de montaña a partir das 20h. e nun circuíto pechado que cubrirá unha distancia total de aproximadamente 25,5 km.
A proba terá como aperitivo previo unha Mini BTT Infantil para nenos e nenas de entre 6 e 16 anos.
TURISMO
Reyes Leis mantivo un encontro coa representante da delegación de Tanabe que visitará Santiago en Maio
A reunión tivo lugar na Casa do Concello e a ela asistiron, ademais da concelleira de Turismo, diferentes técnicos do departamento.
NORMAILIZACÓN LINGÜÍSTICA
O IES Parga Pondal, de Carballo, gaña a fase de zona do Club de Debate
Na fase clasificatoria da zona de Compostela do Club de Debate que tivo lugar ao longo de todo o día de hoxe no Concello de Teo, as rapazas e rapaces do IES Parga Pondal, de Carballo, e do IES Plurilingüe de Ames, foron os clasificados en primeiro e segundo lugar, respectivamente, e pasan á final galega que terá lugar o 26 de abril en Ferrol