MOBILIDADE

O Concello impulsa o proceso de escoita cidadá na elaboración do PMUS coa celebración do I Foro de Mobilidade

16/03/2023

O obxectivo do PMUS é "recoller os datos e escoitar a veciñanza para planificar a mobilidade do futuro" recalcou o alcalde, Sánchez Bugallo, que destacou que a partir do PMUS se definirán o próximo ano a ordenanza de circulación, a que regulará o reparto de mercadorías no casco histórico e a que definirá as zonas de baixas emisión. O alcalde que se felicitou polo éxito da convocatoria ante un auditorio do CSC Santa Marta sen ningún asento libre.

Leer más

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Continúa o ciclo de Encontros Emprendedores abordando o modelo de cidade

15/03/2023

O vindeiro 21 de marzo terá lugar o segundo encontro emprendedor "Pensando e planificando Compostela mediante a participación cidadá", que centrará o debate sobre o modelo de cidade do futuro. O obxectivo é analizar algunhas das cuestións identificadas no proceso de elaboración da Axenda Urbana 2030 sobre a definición actual do modelo de cidade, como a distribución da poboación no territorio, os equipamentos e servizos disponibles, e os espazos de oportunidade para a transformación urbana na cidade.

Leer más

EDUCACIÓN

A partir de mañá ábrese o prazo de presentación para solicitudes de novo ingreso nas escolas infantís municipais

15/03/2023

O Departamento de Educación do Concello de Santiago acaba de publicar a listaxe de reservas e traslados do alumnado actual, así como o número de prazas vacantes dispoñibles para as escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Salgueiriños-Meixonfrío. As familias interesadas poderán achegar desde mañá, 16 de marzo e ata o 17 de abril, as solicitudes de prazas para novos/as alumnos/as.

Leer más

CIDADES PATRIMONIO

O Grupo das 15 Cidades Patrimonio da Humanidade viaxa a Bordeos para intercambiar boas prácticas sobre promoción turística e conservación do patrimonio

15/03/2023

Unha delegación do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, encabezada pola vicepresidenta do Grupo e alcaldesa de Segovia, Clara Martín, e na que participou o concelleiro de Turismo de Santiago, Sindo Guinarte, realizou unha viaxe de boas prácticas a Bordeos, os días 13 e 14 marzo, na que mantiveron diversas reunións co alcalde da cidade francesa, Pierre Hurmic, e o Cónsul Xeral de España, José María Ferré de la Peña. Esta viaxe enmárcase nunha liña de traballo de intercambio de boas prácticas...

Leer más
Compartir: