ALCALDÍA
O Grupo de Cidades Patrimonio prepara a súa presenza no Congreso Mundial de Cidades Patrimonio de Oaxaca (México)
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu en Ávila á xuntanza da Comisión Executiva do Grupo do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Unha escolma de 50 figuriñas do Belén colectivo dos centros socioculturais xa adorna a entrada do Pazo de Raxoi
Este Nadal 2012, un dos puntos fortes da programación da Concellería de Centros Socioculturais foi a construción do Belén colectivo, feito polos nenos e nenas dos centros socioculturais. O resultado pode xa contemplarse na entrada do Pazo de Raxoi, onde o Nacemento exhibe unha escolma dunhas 50 pezas das máis de 200 realizadas.
PREMIOS
Fademga entregou os premios das ligas Special Olympics Galicia 2012
O Club Deportivo Fademga, coa promoción de Special Olympics Galicia e a colaboración do Colexio La Salle, celebrou o acto de entrega de premios das ligas de fútbol sala e baloncesto 2012. Os concelleiros de Mobilidade, Albino Vázquez, e de Deportes, Adrián Varela, participaron nesta Gala do Deporte.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Continúa a rodaxe do lip dub do Nadal 2012 nos centros socioculturais
Segue realizándose a gravación do vídeo musical que servirá como a felicitación da Concellería de Centros Socioculturais neste Nadal. Todos os veciños e veciñas están convidados a participara neste creativo lip dub.
ALCALDÍA
"Os coros galegos" e "Traxe de montañesa" gañan os Premios Antonio Fraguas
O alcalde compostelán, Ángel Currás, presidiu a entrega dos XVIII Premios Antonio Fraguas de investigación sobre o traxe galego, organizados pola Asociación do Traxe Galego en colaboración co Concello e co Centro Comercial Compostela. Nesta ocasión, os gañadores foron Félix Ángel Boullosa, con Os coros galegos (conservadores do traxe tradicional), na categoría de traballos analíticos, e José María Cebeiro e Xosé Francisco Noia, con Traxe de montañesa, na modalidade.../em>
ALCALDÍA
O alcalde recibiu o Comité de Empresa do Hostal dos Reis Católicos
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis, recibiron en Raxoi os representantes do Comité de Empresa do Hostal dos Reis Católicos.
EMPREGO
A Axencia Local de Colocación programa novas accións formativas para orientar a desempregados na busca de traballo
A concelleira de Benestar Social e Traballo, Paula Prado, presentou unha serie de accións formativas do programa Condúce-T ao emprego, que se desenvolverán ao longo da vindeira semana no edificio CERSIA. As sesións de orientación laboral están dirixidas a desempregados e incluirán tanto sesións teóricas como visitas a empresas de diversos sectores da área de Santiago.
DEPORTES
Fútbol, lecer e valores únense na segunda edición do Campus Vero Boquete
O Campus de Fútbol Vero Boquete chega á súa segunda edición tras o éxito da primeira edición de 2011, na que participaran 156 nenos e nenas. O Campus celebrarase os días 26, 27 e 28 de decembro en varias instalacións municipais. O prazo de inscrición estará aberto ata o 19 de decembro.
ECONOMÍA
Área Central acolleu a segunda edición de Getting Contacts! en Santiago
O centro comercial Área Central acolleu a segunda edición en Santiago de Getting Contacts!, organizada polo Concello de Santiago dentro do programa Santiago Investors Support, coa colaboración de AJE Galicia e Área Central.
ALCALDÍA
Gas Natural informou o alcalde sobre os investimentos previstos pola compañía enerxética en Santiago
O alcalde compostelán, Ángel Currás, reuniuse co director xeral de Gas Galicia, Roger Serrat. Este comunicoulle que a compañía enerxética investirá durante o ano 2013 preto de 700.000 euros na cidade.