BENESTAR SOCIAL
O Concello únese á conmemoración do Día Internacional do Cancro Infantil cunha carpa informativa na praza Roxa
Este 15 de febreiro celébrase o Día Internacional do Cancro Infantil. Con tal motivo, o Concello colaborou na montaxe dunha carpa informativa na praza Roxa, aberta de 17:00 a 21:00 horas. As concelleiras María Castelao e Rebeca Domínguez achegáronse ata este carpa.
CULTURA
The Godfathers chegan ao Compostela Rock co Jukebox Fury Spanish Tour
Os londinienses The Godfathers chegan a Santiago co seu
TURISMO
Cita en Amio para os amantes dos automóbiles e motocicletas de época
Os concelleiros Reyes Leis, Luis Bello e Adrián Varela asistiron á apertura da terceira edición de Retro Auto&Moto Galicia, que se celebra no recinto feiral de Amio do 15 ao 17 de febreiro. A organización agarda o paso dunhas 20.000 persoas por esta feira, convertida xa nunha cita obrigada para os amantes do automóbil e da motocicleta de época.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O programa "Cultura Viva. Fai túa Compostela" volve con 17 novas rutas en febreiro, marzo e abril
Volve Cultura Viva. Fai túa Compostela, tras o éxito da primeira entrega do programa en 2012. Para os meses de febreiro, marzo e abril, a Concellería de Participación Cidadá e Centros Socioculturais preparou 17 rutas (35 ata xuño) polo patrimonio, a historia, a arte, a artesanía e a natureza de Santiago. Nesta nova convocatoria, e tal como anunciara o concelleiro Francisco Noya, incorpóranse as parroquias do rural a estes percorridos.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba a solicitude de 12 accións formativas para desempregados
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou a solicitude de 12 accións formativas destinadas a desempregados de longa duración. Ademais, deuse o visto bo ás actividades do programa Santiago Investors Support para 2013 e ao Plan de Control Tributario para o presente exercicio.
ALCALDÍA
Vías e Obras garantirá a seguridade, limpeza e accesibilidade da rúa Virxe Branca
O alcalde compostelán, Ángel Currás, reuniuse cos veciños da rúa Virxe Branca, aos que lle comunicou que se deron instrucións para minimizar a actual situación de deterioro da rúa en tanto non comezan as obras do proxecto de mellora integral previsto.
EDUCACIÓN
As I Xornadas de Órgano Mariano Tafall queren poñer en valor este instrumento tan ligado a Santiago de Compostela
O Conservatorio Profesional de Música de Santiago organiza as I Xornadas de Órgano Mariano Tafall do 16 ao 22 de febreiro, co obxectivo de por en valor este instrumento, que forma parte do patrimonio compostelán e galego. Realizaranse varios concertos en igrexas, conferencias e visitas a órganos históricos da cidade.
CONSORCIO
Unha nova publicación do Consorcio afonda na historia compostelá do XIX a partir da visita de Isabel II en 1858
O alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Ángel Currás, presentou o libro A visita de Isabel II a Galicia en 1858, de Margarita Barral, editado polo Consorcio e a editorial Sotelo Blanco. Esta nova publicación afonda na historia compostelá do século XIX, analizando una acontecemento relevante como foi a visita real a Galicia de 1858. Este feito concreto serve para falar no concepto de "nation building", que dende comezos do século XIX os gobernantes españois querían introducir entre a poboación.
URBANISMO
Resolto o problema de seguridade da balaustrada de Rosalía de Castro colocando barrotes de ferro nos ocos existentes
A Concellería de Urbanismo vén de solucionar o problema de seguridade da balaustrada da rúa Rosalía de Castro, provocado pola excesiva anchura dos ocos entre balaústres, que mesmo causara recentemente un accidente no que resultara ferida unha nena. Investíronse 8.255 euros na colocación de 382 barrotes de ferro nos 191 ocos da balaustrada.
CULTURA
Voadora presenta a estrea absoluta de "Waltz" dentro do ciclo Teatro & Danza
Voadora (José Díaz, Marta Pazos e Hugo Torres) ofrecen a estrea absoluta de Waltz, dentro do ciclo Teatro & Danza, o xoves 14 de febreiro, na Zona C de Bonaval. Haberá funcións de novo do 15 ao 17 e do 21 ao 24 de febreiro, sempre ás 20:30 horas, agás os domingos, que será ás 19:30 horas. As entradas, a 8 €, poden mercarse na billeteira do Teatro Principal (aberta de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas) ou na propia Zona C os días de evento a partir das 18:00 horas.