ALCALDÍA
Comeza a axenda do alcalde en Bos Aires, na véspera da inauguración da Feira do Libro
O alcalde, Martiño Noriega, atópase xa en Bos Aires, onde mañá participará na inauguración da Feira do Libro, que este ano ten a Compostela como cidade invitada. A axenda oficial do rexedor comeza hoxe mesmo, cunha visita institucional ao Goberno da capital arxentina, ás oito da tarde hora española (15:00 horas en Bos Aires). Martiño Noriega reuniráse co vicexefe do Goberno, Diego Santilli. Despois deste encontro, o alcalde compostelán visitará o Centro Galego en Bos Aires.
CONSORCIO
O libro coa correspondencia do pintor Carlos Maside entre 1928 e 1958 con intelectuais da época, finalista da I Gala do Libro Galego
Acaban de anunciarse as obras e autores finalistas da I Gala do Libro Galego, os premios organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editores e a Federación de Librarías de Galicia, que se entregarán no Teatro Principal de Santiago o vindeiro 14 de maio. Na categoría de ensaio atópase, entre os catro finalistas, o libro Correspondencia (1928-1958). Cartas inéditas e dispersas. Carlos Maside, editado en 2015 polo Consorcio de Santiago e a editorial Alvarellos. A...
IGUALDADE
Minuto de silencio no Obradoiro pola última vítima da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar o último asasinato machista, que deixou o pasado domingo unha vítima en Salamanca.
POLÍTICAS SOCIAIS
Máis de 300 persoas participarán na segunda edición do Camiño da Diversidade
A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, presentou acompañada de membros do Padroado da Fundación Ingada e dalgúns mozos e mozas da mesma, a segunda edición do Camiño da Diversidade. Celebrarase o vindeiro sábado, 23 de abril, con saída do Pino ou do Monte do Gozo e chegada na praza do Obradoiro.
TRANSPARENCIA
O Goberno municipal presenta un proxecto de Ordenanza de Transparencia máis esixente que a normativa estatal
O Goberno local vai levar previsiblemente ao Pleno ordinario deste mes de abril o proxecto de Ordenanza de transparencia, acceso á información pública e reutilización de datos da Administración do Concello de Santiago. O texto, que pasará mañá pola correspondente comisión informativa, ten como obxectivo adaptar ás especificidades de Compostela a Lei 19/2013, coñecida como Lei da Transparencia. Esta normativa estatal entrou en vigor o 10 de decembro de 2015 para os concellos e as comunidades autónomas e, no...
CONSORCIO
Últimas semanas para solicitar as axudas á rehabilitación de carpinterías de madeira e reixas nos inmobles da cidade histórica
O Consorcio de Santiago vai destinar 150.000 euros en axudas para a rehabilitación de carpinterías de madeira e reixas dos inmobles situados no ámbito do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica. Con esta iniciativa búscase mellorar a eficiencia enerxética das vivendas, co consecuente aforro económico para os cidadáns, xunto co seu illamento acústico.
ACCIÓN CULTURAL
Á venda as entradas para os concertos de Davide Salvado e Soleá Morente
Xa están á venda as entradas para acudir aos concertos de Davide Salvado + Batida e Soleá Morente, que actuarán na praza da Quintana os días 6 e 7 de maio, respectivamente, no marco das Festas da Ascensión 2016. Ambos concertos, os únicos que non son de balde na programación destas festas, teñen un prezo de 10 euros e as entradas poden ser adquiridas na billeteira do Teatro Principal e na plataforma online de Abanca.
ACCIÓN CULTURAL
Aberto o prazo de inscrición para a 13ª edición do Festival Internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto
Xa está aberto o prazo para participar na 13ª edición de Curtocircuíto, Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, que se celebrará do 3 ao 9 de outubro deste ano 2016. Todos os que queiran inscribir as súas curtametraxes poden facelo, de balde, a través da plataforma shortfilmdepot.com, sendo a data límite para facelo o 31 de maio de 2016. As curtametraxes teñen que durar un máximo de 45 minutos (títulos de crédito incluídos),...
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Segunda xornada no Principal do XXI Certame de Teatro Intercentros
Este luns celebrouse a segunda xornada do XXI Certame de Teatro Intercentros, con tres novas representacións do grupos de teatro dos centros escolares de secundaria en xornada de mañá e tarde. A cita foi no Teatro Principal, onde as representacións continuarán o luns 9 de maio, coas funcións dos grupos de primaria.
ALCALDÍA E ACCIÓN CULTURAL
Compostela Colateral e o Mapa Literario de Santiago, achegas do Concello para a Feira Internacional do Libro de Bos Aires
O alcalde e a concelleira de Acción Cultural presentaron hoxe as actividades organizadas polo Concello que se van desenvolver ao abeiro da Feira do Libro de Bos Aires, que conta con Santiago como cidade invitada nesta súa 42ª edición. Martiño Noriega e Branca Novoneyra viaxarán á capital arxentina para participar na inauguración do evento, o próximo mércores.