CONVIVENCIA
Últimos días para o pagamento da taxa anual das tarxetas de residente por razón de municipio
A Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia lembra que o mércores 15 de febreiro remata o prazo para abonar a taxa anual correspondente ao ano 2017 das tarxetas de estacionamento de residente por razón de municipio.
COMERCIO
O Concello ofrece tres cursos de formación en materia de consumo para comerciantes
A Concellaría de Comercio organiza tres accións formativas en materia de consumo que serán impartidas pola Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL).
PATRIMONIO
Santiago de Compostela súmase á campaña "Cando danas o patrimonio, dánasnos a todos"
O Concello de Santiago ven de sumarse á campaña Cando danas o patrimonio, dánasnos a todos, impulsada polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade en colaboración coa Secretaría de Estado de Cultura. O obxectivo é fomentar a concienciación social como ferramenta para procurar o respecto cara todos os elementos comúns dos núcleos históricos das Cidades Patrimonio.
ALCALDÍA
O Goberno volve apostar pola participación da cidadanía cos "Encontros ao vivo"
O alcalde, Martiño Noriega, presentou hoxe os Encontros ao vivo, unha serie de actos deseñados para completar os procesos de participación cidadá impulsados dende o Goberno, e que pretenden ser o marco para que o Executivo renda contas en contacto directo coa veciñanza. O rexedor explicou que o obxectivo é que este modelo "acabe converténdose en praxe política, máis alá das cores, e que a aposta pola participación sexa unha aposta real e non simplemente ornamental".
ACCIÓN CULTURAL
Teatro do Noroeste celebra os seus 30 anos con "Estado de graza" no Principal
Teatro do Noroeste cumpre 30 anos e, para celebralo, esta semana teremos en Compostela funcións do seu último traballo, Estado de graza e a presentación dun libro compendio destas tres décadas. As actividades foron presentadas esta mañá na Casa do Concello pola concelleira de Turismo, Marta Lois; o director de Agadic, Jacobo Sutil; e Eduardo Alonso e Luma Gómez, de Teatro do Noroeste.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Fonseca acolle unha mostra de debuxos dos nenos e nenas do gueto de Terezín
Os nenos e nenas que viviron e debuxaron o Holocausto. Debuxos dos nenos do gueto de Terezín é o título dunha exposición que recolle máis de 30 debuxos de nenas e nenos que viviron no campo de internamento nazi de Terezín (actual República Checa) entre 1940 e 1945. A mostra poderá visitarse ata o 24 de febreiro no claustro alto (primeiro piso) do Pazo de Fonseca, en horario de luns a venres, de 9:00 a 21:00, e os sábados ata as 13:00 horas. Os centros de ensino poden reservar visitas guiadas.
ALCALDÍA
A Xunta licitará a finais de ano a nova estación de autobuses e a rúa en altura da futura intermodal
O alcalde de Santiago cualificou de "positiva" a reunión da comisión de seguimento da estación intermodal, celebrada esta tarde en Madrid. Segundo Martiño Noriega, a xuntanza serviu para constatar o interese das tres administracións implicadas en executar o convenio asinado en xuño do ano pasado".
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno dá o visto bo aos orzamentos municipais de 2017
A Xunta de Goberno aprobou hoxe os orzamentos municipais e o cadro de persoal para 2017. É un paso esixido pola Lei de Grandes Cidades, previo a que as contas sexan levadas á comisión de Facenda, o próximo mércores, e sometidos á votación do Pleno da Corporación.
DÍA MUNDIAL DA RADIO
O Concello e as emisoras de Compostela celebran o Día Mundial da Radio
O Concello de Santiago vai colaborar coas emisoras de radio de Compostela na celebración do Día Mundial da Radio, o 13 de febreiro. Por ese motivo, os semáforos de varias rúas da cidade utilizarán durante varios días as voces dos locutores dos programas locais, as mesmas que acompañan a diario aos oíntes da capital galega.
TURISMO
Turismo de Santiago amosa a cidade a profesionais turísticos de Taiwán
Turismo de Santiago recibiu esta semana un grupo de oito touroperadores e axentes de viaxes de Taiwán, que están visitanto o norte de España, convidados por Tumlare, axencia maiorista española especializada nos mercados asiáticos. O obxectivo da visita era amosar as posibilidades do destino para comercializar rutas pola España Verde, incluíndo a Santiago.