MOCIDADE

Arranca a acción formativa "Emprendemento Musical", que se desenvolverá ata maio no Centro Xove de Creación Cultural

13/01/2023

O concelleiro de Mocidade, Rubén Prol, deu esta tarde a benvida aos 31 mozos e mozas que recibirán formación en "Emprendemento Musical" , un curso de balde enmarcado no programa Go2Work. O obxectivo é formar a persoas interesadas en adquirir coñecementos específicos nesta área para poder emprender o seu proxecto profesional, así como na normativa e tramitación legal e fiscal necesaria para o seu desenvolvemento. Un proxecto, sinalou, Prol, "de gran calidade e moi útil para as persoas participantes".

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Preto de 90.000 persoas asistiron ás 429 actividades organizadas por Compostela Cultura en 2022

12/01/2023

Os datos supoñen un crecemento do 48% a respecto do 2021 e recuperar as cifras de antes da pandemia, incluso mellorándoas, como por exemplo na media de asistentes por espectáculo que foi de 207 persoas, cando no 2019 foi de 161. A concelleira Mercedes Rosón destacou o esforzo que se fixo desde o departamento adaptando a programación durante a pandemia e mantendo o contacto co público, o que conseguiu fidelizalo.

Leer más

MEDIO AMBIENTE

Comeza a funcionar o novidoso sistema de recollida selectiva de lixo no casco histórico con illas "de quita e pon"

12/01/2023

Desde hoxe a recollida de residuos na Améndoa será "máis sostible e respectuosa co entorno do casco histórico" destacou a concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro na xornada na que empezan a operar os novos puntos de recollida de lixo. Serán 10 illas, que se colocarán a partir das 19.00h e ata as 23.00h, co dobre obxectivo de "incorporar a quinta franxa, a do orgánico; e eliminar por fin as bolsas de lixo nas portas, unha vez xa retiramos a compactadora de Travesa de Fonseca".

Leer más

PERSOAL

O Concello de Santiago anuncia unha convocatoria para a cobertura de prazas de persoal funcionario de carreira e de persoal laboral fixo, sen precedentes

11/01/2023

Un total de 59 prazas de diferentes categorías e escalas serán convocadas nos vindeiros días no Boletín Oficial da Provincia da Coruñapara a súa cobertura a través do sistema de oposición e quenda libre. A estas prazas súmanse tamén as 92 prazas xa convocadas no BOP do día 27 de decembro do proceso extraordinario de estabilización e as 71 prazas de promoción interna de persoal funcionario de carreira que xa presta os seus servizos no Concello de Santiago.

Leer más

SEGURIDADE CIDADÁ

Gonzalo Muíños reitera que Santiago é unha cidade segura e avanza que nos próximos días intensificaranse os dispositivos de seguridade, coa incorporación da Polícía Autonómica

11/01/2023

O concelleiro de Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, reuniuse esta mañá cunha representación da Asociación Raigame, na que estaba o presidente e máis veciños, así como o intendente da Policía Local e o comisario da Policía Nacional en Santiago. Unha xuntanza extensa na que se lle transmitiu que Santiago é unha cidade segura na que existe un traballo "de xeito coordinado", por parte da Policía Local e da Policía Nacional. Tamén se lle explicou que se vai incorporar a...

Leer más
Compartir: