CULTURA

O alcalde felicita a Luis Zahera logo de recibir o Goya a mellor actor de reparto por ‘As Bestas’

15/02/2023

O actor, natural de Santiago -do barrio da Estila, na Avenida de Salamanca-, aproveitou o encontro co alcalde e a concelleira de Acción Cultural para "ofrecer o galardón á cidade", aínda que recoñeceu que a encargada de custodiar o cabezón será a súa tía, na cidade da Coruña "mira, un compostelán que garda os Goyas na Coruña, onde chegamos" chanceou Zahera a preguntas das xornalistas.

Leer más

MEDIO AMBIENTE

Luz verde no pleno deste mes da Deputación ao primeiro tramo compostelán da Vía Verde, que sairá a licitación por 800.000 euros

14/02/2023

O Pazo de Raxoi acolleu esta mañá o acto de presentación das accións incluidas no Plan de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD) da Vía Verde Compostela-Tambre- Lengüelle e financiadas con 1,4 millóns de euros polo Goberno de España a cargo do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; do presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; do vicepresidente provincial, Xosé Regueira; do delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e do presidente da...

Leer más

IGUALDADE

Marisol Soengas ofrecerá unha conferencia sobre a actualidade do cancro o vindeiro venres 17 no Teatro Principal de Santiago ás 20 horas

14/02/2023

A microbióloga Marisol Soengas ofrecerá o vindeiro venres, 17 de febreiro, no Teatro Principal de Santiago unha charla coloquio no marco do ciclo de conferencias "Mulleres na cima". Esta actividade, organizada pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas coa colaboración do Concello de Santiago, a Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela (USC), foi presentada hoxe en rolda de prensa no hotel Eurostars Araguaney polo presidente da Fundación Araguaney-Puente de Culturas, Ghaleb Jaber Martínez, e a concelleira de Acción...

Leer más

IGUALDADE

Ábrese o prazo de solicitude de subvencións destinadas ao fomento de actividades a prol da igualdade e á prevención das violencias machistas

13/02/2023

Desde mañá, 13 de febreiro, e ata o 28 de febreiro, estará aberto o prazo para a presentación de solicitudes á convocatoria de subvencións para o fomento de programas e actividades en prol da igualdade efectiva entre mulleres e homes e das persoas do colectivo lésbico, gay, transexual, bisexual, queer e intersexual (LGTBQI), e prevención e loita contra as violencias machistas, durante o ano 2023.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

O Concello solicita investimentos de máis de 1,5 millóns de euros con cargo ao POS para Sabugueira, Marrozos, Villestro, Marantes, Aríns, Bar de Arriba, Bar de Abaixo e Asidros

13/02/2023

A Xunta de Goberno Local acordou participar no Plan provincial de cooperación ás Obras e Servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) "POS+ 2023" da Deputación Provincial da Coruña, e pedir a aplicación da asignación que se solicitou por importe de 706.104,52 euros, cos que se financiarían catro actuacións no rural. A estas obras sumaríanse outras tres do Plan Complementario, cun orzamento previsto de 805.400,69 euros. En total, os investimentos previstos no rural con cargo ao POS para este ano 2023...

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

Aprobados os procedementos de apertura de prazo de solicitudes e admisión da Escola Municipal de Música para o curso 2023/2024

13/02/2023

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe os procedementos e apertura dos prazos de reserva de praza, solicitudes de admisión e matrícula na Escola Municipal de Música para o curso escolar 2023-2024, nas que se distingue entre renovación de praza e alumnado de novo ingreso. Para o novo alumnado, o prazo de preinscrición establécese entre o 5 e o 25 de maio.

Leer más

PERSOAL

O Concello de Santiago abre a partir de mañá o prazo de inscrición para a cobertura de 59 prazas

13/02/2023

O Boletín Oficial do Estado (BOE) acaba de publicar a convocatoria dun total de 59 prazas de persoal funcionario de carreira e de persoal laboral fixo no Concello de Santiago, para a súa cobertura a través do sistema de oposición e quenda libre. A estas prazas súmanse tamén as 92 prazas xa convocadas o pasado mes de decembro do proceso extraordinario de estabilización e as 71 prazas de promoción interna de persoal funcionario de carreira que xa presta os seus servizos no Concello.

Leer más

POLÍTICAS DE IGUALDADE

A Comisión de seguimento do V Plan de Igualdade conta con representación de todas as áreas e servizos do Concello

12/02/2023

O "V Plan de Igualdade entre mulleres e homes do Concello de Santiago de Compostela" conta, na súa Comisión de seguimento, constituida o pasado venres, cunha representación de todos as áreas e servizos do Concello, reforzando así, aínda máis, a súa transversalidade. Esta comisión está presidida pola concelleira de Políticas de Igualdade, Mercedes Rosón.

Leer más
Compartir: