CENTROS SOCIOCULTURAIS
Uns 800 composteláns participaron na rodaxe do lip dub de Nadal
Conta atrás para a estrea do lip dub do Nadal dos centros socioculturais, unha vez rematada a súa rodaxe. Nesta novidosa proposta, incluída no programa Vive o Nadal 2012, participaron activamente aproximadamente 800 veciños e veciñas de Santiago, entre eles o propio concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya.
ALCALDÍA
O alcalde compostelán recibe unha distinción da Casa de Galicia en Madrid
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe esta tarde en Madrid un diploma outorgado pola Casa de Galicia. Será no transcurso do acto de clausura das actividades do ano desta delegación da Xunta.
EDUCACIÓN
Aberto un novo prazo de admisión de solicitudes para o programa de conciliación de Nadal da Concellería de Educación
A Concellería de Educación informa que, á vista de que aínda quedan prazas para alcanzar o mínimo de inscritos para o CEIP Ramón Cabanillas no programa de conciliación familiar e laboral para este Nadal, ábrese un novo prazo de admisión de solicitudes ata cubrir as prazas. A formalización da matrícula para os nenos e nenas admitidos realizarase entre o 18 e o 21 de decembro.
FESTAS
Compostela xa loce o seu alumeado de Nadal
Tal como anunciara o concelleiro de Festas, Francisco Noya, o acendido do alumeado de Nadal adiantouse tres días respecto do día inicialmente previsto, o 21 de decembro. Este ano, a iluminación navideña chega a máis rúas e prazas, e tamén ás parroquias do rural.
TURISMO
Turismo de Santiago promociona a cidade como destino de congresos en Madrid
Turismo de Santiago estará esta semana en Madrid promocionando a cidade como destino de Congresos, Xornadas e Incentivos, a través do Santiago de Compostela Convention Bureau (SCCB), o seu servizo para a promoción da cidade neste ámbito.
COMERCIO
Amplíase o prazo de inscrición no Concurso de Beléns e de Ambientación de Nadal
O Concello amplía o prazo de inscrición nos Concursos de Beléns e Ambientación de Nadal ata o venres 21 de decembro, respondendo as solicitudes de diferentes entidades.
COMERCIO
O Concello identificará dez oportunidades de negocio para emprendedores en San Pedro
A concelleira de Comercio, Reyes Leis, acompañada da técnica de Comercio Lucía Castro, presentou unha iniciativa dirixida a fomentar o emprendemento e dinamizar o sector comercial da arteria comercial configurada polo barrio de San Pedro, que se desenvolverá dentro do programa Urbana Santiago Norte e está financiado polos fondos FEDER.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Os paxes reais comezan as súas visitas aos centros socioculturais
A Concellería de Centros Socioculturais informa do comezo das visitas dos paxes reais aos centros e locais socioculturais. Dende o martes 18 ata o 4 de xaneiro, os delegados dos Reis Magos recollerán as cartas dos máis pequenos.
CULTURA
Sergio Tannus estrea o seu novo disco, "Son Brasilego", dentro do ciclo Sons 2012
Sergio Tannus presenta o seu novo traballo, Son Brasilego, dentro do ciclo Sons 2012 nun concerto no Teatro Principal, o martes 18, a partir das 21:00 horas. As entradas para este concerto poden mercarse na billeteira do propio teatro aberta de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas. O prezo das entradas é de 8 euros anticipada e 10 euros o propio día.
CULTURA
Catro variadas propostas musicais nunha nova edición do ciclo Todo Lírica
O ciclo Todo Lírica chega este ano a súa XII edición con catro propostas musicais que poderemos escoita no Teatro Principal. Inauguran o ciclo o barítono David Menéndez e o pianista Rubén Fernández Aguirre cun programa de Cancións de Gounod e Guastavino/Romanzas de zarzuela o venres 28; e o domingo 30 poderemos escoitar o programa Cancións de cine, de Broadway a Hollywood coa mezzosoprano Mireia Pintó e o pianista Manel Camp.