MERCADOS

O Recinto Feiral de Amio acolle de xoves a domingo a décima edición do Salón do Vehículo de Ocasión

24/10/2022

O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, e o responsable da organización do evento, Fabián Saavedra, presentaron esta mañá en rolda de prensa a décima edición do Salón do Vehículo de Ocasión en Santiago, que se celebra no Recinto Feiral de Amio do xoves 27 ao domingo 30 de outubro. Acompañounos a responsable do recinto, Belén Montero.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local aproba a reserva dunha parcela para a ampliación do centro para atención de persoas afectadas por dano cerebral adquirido

24/10/2022

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a reserva dunha parcela para a ampliación do centro de día e ocupacional para a atención de persoas afectadas por dano cerebral adquirido da Asociación Sarela. Tamén deu o visto bó ao texto do convenio para a colaboración nas festas do Apóstolo; e ás bases reguladoras das subvencións destinadas a cooperación e desenvolvemento.

Leer más

MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

O Concello aumenta a sinalización e o control na parroquia de Lavacolla para pór coto ao aparcamento fóra das zonas permitidas

23/10/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado de distintos membros do Goberno Municipal, mantivo este domingo unha xuntanza coa Asociación de Veciños Ruta Xacobea de Lavacolla. Nela, o concelleiro de Tráfico, Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, sinalou que se está a reforzar a sinalización na contorna do aeroporto. Lembrou, ademais, que as competencias son da Gardia Civil polo que "imos insistir á delegación do Goberno" para que incremente a vixiancia na zona ".

Leer más

MEDIO AMBIENTE

O Concello destina case 130.000 euros para a creación dun novo espazo de lecer interxeracional no barrio de Sar

22/10/2022

A concelleira de Políticas Sociais, Saúde, Medio Ambiente, Parques e Xardíns, Mila Castro, explica que se trata dun espazo co obxectivo de que "os máis cativos e as persoas de máis idade poidan compartir experiencias e xogos" xerando unha interacción social interxeracional. Detalla tamén que contará cun espazo onde se integren actividades para as diferentes idades, unha zona de estancia onde se poderán desenvolver xogos de mesa e outra de arboreda para realizar xogos tradicionais.

Leer más

ALCALDÍA

Concello e Xunta acordan a sinatura dun convenio para a mellora dos accesos ao CHUS que contempla a construción dun novo aparcadoiro

21/10/2022

A situación actual do Hospital Clínico de Santiago e a previsión de necesidades futuras foi unha das cuestións abordadas na xuntanza que esta mañá mantivo o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, co presidente da Xunta, Alfonso Rueda. No encontro, que se prolongou por preto de dúas horas e media, tamén se trataron outros asuntos como a posible implantación dunha taxa turística, a candidatura para acoller a sede da AESIA, a construción da senda ciclista entre Milladoiro e Santiago, o parque de...

Leer más

PROMOCIÓN ECONÓMICA

A economía social confórmase como alternativa de futuro para afrontar os retos das Axendas Urbanas e 2030

21/10/2022

A Sede da Fundación para a Construción Laboral en Galicia, acolleu o encontro da Rede de Entidades de Desenvolvemento Local (REDEL), unha actividade organizada polo Concello de Santiago de Compostela co respaldo da Rede de Entidades para el Desarrollo Local (Redel), a Red de Ciudades Ciencia e Innovación (Innpulso), a Red de Territorios Socialmente Responsables (Retos) e Cidades por el Empleo; no marco da capitalidade española da economía social que durante este ano ostenta Santiago de Compostela. Na xuntanza, que se desenvolveu durante dous días,...

Leer más

ALCALDÍA

O Concello destinará 600.000 euros ao proxecto de mellora da conectividade do barrio de Conxo

20/10/2022

A actuación permitirá mellorar a conexión entre as dúas partes do barrio de Conxo, favorecendo o paso peonil de veciños e peregrinos, e habilitando unha espazo verde para o uso e desfrute da cidadanía. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, acompañados polo xefe do Planeamento do Concello de Santiago, Enrique Seoane, explicaron esta mañá os detalles deste proxecto cuxo inicio está previsto para o 2023.

Leer más
Compartir: