ALCALDÍA
O alcalde asiste á inauguración da mostra sobre o Mestre Mateo no Museo do Prado
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste hoxe no Museo do Prado á inauguración da exposición sobre o Mestre Mateo organizada pola Real Academia Galega de Belas Artes e a Fundación Catedral, en colaboración coa Consellería de Cultura, Turismo de Galicia, a Deputación da Coruña, e o Consorcio de Santiago. É a primeira vez que o museo madrileño lle dedica unha exposición a un autor galego.
ACCIÓN CULTURAL
Carlos Saura recibiu o Premio Cineuropa
O director Carlos Saura recibiu de mans do alcalde, Martiño Noriega, o Premio Cineuropa, nun acto celebrado no Teatro Principal, que incluíu a proxección do seu filme Zonda: folclore argentino. O gaiteiro Carlos Núñez, que participa no último documental do cineasta, La jota, tamén se sumou ao recoñecemento outorgado polo festival compostelán.
PATRIMONIO
O Grupo de Cidades Patrimonio aproba para 2017 un orzamento de case un millón de euros
A primeira tenente de alcalde, María Rozas, asistiu en Cáceres á Asemblea Xeral do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, que aprobou o orzamento da entidade para o ano 2017, que ascende a 990.000 euros. Outra das decisións tomadas hoxe foi que Santiago acollerá en 2017 unhas Xornadas sobre Xestión do Patrimonio do Grupo.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno local dá o último paso para a entrada en funcionamento da mellora da EDAR da Silvouta
A Xunta de Goberno acordou hoxe dispoñer a posta en marcha das obras incluídas no proxecto de adecuación da EDAR da Silvouta, Fase III, executadas pola sociedade estatal Acuaes. Do mesmo xeito, aprobouse encomendarlle a súa explotación á empresa Viaqua, que deberá presentar un estudo dos custos reais de explotación, transcorridos tres meses desde a entrada en funcionamento das instalacións.
POLÍTICAS SOCIAIS
Concha Fernández abriu o X Seminario sobre Discapacidade Intelectual e Saúde Mental
A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, inaugurou o X Seminario de Saúde Mental e Discapacidade Intelectual, que se celebrou na Facultade de Psicoloxía. A xornada estivo organizada por Fademga Plena Inclusión Galicia, coa colaboración do Grupo de Traballo de Trastornos Mentais e/ou alteracións de conduta.
IGUALDADE
A Corporación e a sociedade compostelá amosan o seu rexeitamento ás violencias machistas
A Corporación compostelá amosou esta mañá, coincidindo co Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o seu rexeitamento ante a lacra das violencias machistas.
XUNTA DE GOBERNO
Adxudicada a iluminación para as festas do Nadal
A Xunta de Goberno adxudicou hoxe a instalación da iluminación decorativa con motivo do Nadal á empresa Iluminaciones Artísticas Salnés S.L. O alcalde, Martiño Noriega, amosouse convencido de que "cos prazos que manexamos, o alumeado poderá estar funcionando en torno á ponte de decembro".
XUNTA DE GOBERNO
Todo listo para iniciar a repavimentación do entorno de Santa Susana
A Xunta de Goberno adxudicou hoxe as obras de repavimentación do entorno do Parque de Santa Susana, unha actuación que se financiará con cargo aos remanentes. A obra está presupostada en 72.994 euros (máis IVE de 15.328,74 euros) e dela encargarase a empresa F.Gómez y CIA.
MEDIO AMBIENTE
A Tropa Verde recibe o recoñecemento da Asociación de Empresas Medioambientais de Galicia
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, recolleu onte un dos premios APROEMA Medio Ambiente 2016, concedido á iniciativa Tropa Verde. Foi nun acto celebrado no Hostal dos Reis Católicos, ao que asistiron a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o segundo tenente de alcalde de Santiago, Jorge Duarte.
ACCIÓN CULTURAL
Carlos Saura recolle o Premio Cineuropa
A xornada deste sábado en Cineuropa, a penúltima do festival, estará protagonizada polo recoñecemento a Carlos Saura como un dos cineastas máis importantes do cinema español. Ademais, o Teatro Principal acolle a estrea de Fai bei sogni (Doces soños, o novo de Marco Bellocchio.