LINGUA
O Concello crea a versión web do xogo de taboleiro "Atopando Compostela"
O xogo de taboleiro Atopando Compostela ten dende hoxe nova versión web, que permitirá seguir fomentando o coñecemento do municipio, e máis en concreto da súa toponimia, dun xeito lúdico e educativo. Para xogar só é preciso acceder ao enderezo atopando.santiagodecompostela.gal e inscribirse a través do correo electrónico.
ACCIÓN CULTURAL
As Xornadas de Música Contemporánea 2018 homenaxean ao compositor galego Enrique Macías
As Xornadas de Música Contemporánea de Compostela adiántanse en 2018 ao mes de xuño. Do mércores 6 ao venres 29, os amantes da música de culto e de vangarda poderán gozar dun completo programa de concertos, conferencias e espectáculos en diferentes espazos da cidade. Baixo o título "Música, Emoción e Memoria", a proposta deste ano celebra a pegada e a obra de Enrique Xerardo Macías (1958 - 1995), compositor vigués que abriu a música galega a outras sonoridades e formou parte dos...
ACCIÓN CULTURAL
Seguen as presentacións e os obradoiros nunha nova xornada da SELIC
A II Semana do Libro de Compostela abre a axenda do martes coa presentación dunha nova serie de libros editados especialmente para o ocasión e baixo o selo da feira. O Espazo Efémero da carpa instalada na Quintana é o lugar elixido para dar a coñecer seis novos volumes que se artellan arredor do proxecto literario Liñas Paralelas, de Pepe Sendón, e que toman del o seu nome.
TURISMO
Santiago acollerá o XXVI Congreso da Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia, con 2.500 participantes previstos
O Pazo de Congresos acollerá do 16 ao 18 de maio de 2019 o XXVI Congreso da Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia, no que está previsto que participen arredor de 2.500 persoas. A confirmación da celebración deste congreso tivo lugar esta pasada fin de semana en Valencia, durante o evento deste ano.
POLÍTICAS SOCIAIS
Recepción ás persoas afectadas de miastenia que peregrinaron a Santiago
Este mediodía chegaron á praza do Obradoiro as persoas afectadas por miastenia que percorreron os últimos quilómetros do Camiño de Santiago para darlle visibilidade á enfermidade. O grupo foi recibido no salón nobre do Pazo de Raxoi pola concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández.
ACCIÓN CULTURAL
Día de Póvoa de Varzim na terceira xornada da SELIC
A II Semana do Libro de Compostela chega este domingo á súa terceira xornada e faino cun horario ininterrompido de 11:00 a 21:00 horas, no que se inclúen numerosas actividades paralelas. Estas principian ás 12:30 horas no exterior da carpa cunha mostra das Rusgas de Varzim, danzas populares que acostuman desfilar polas rúas da cidade portuguesa para celebrar as súas festas máis destacadas. A alcaldesa en funcións, María Rozas, acompañará na apertura do acto aos responsables da Câmara Municipal de Póvoa...
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno acorda a substitución de tres autobuses da rede de transporte urbano
A Xunta de Goberno acordou hoxe a substitución de tres vehículos adscritos á rede de transporte colectivo urbano de viaxeiros. Con este, xa son 19 os autobuses substituídos no último ano, nunha flota de 50.
CONVIVENCIA
A Policía Local realizará controis de alcoholemia e de drogas na condución durante a vindeira semana
Dende este luns 4 e ata o vindeiro domingo 10 de xuño, a Policía Local de Santiago súmase á campaña especial da DXT de control da taxa de alcohol e presencia de drogas en condutores. Esta campaña súmase aos controis que periodicamente realiza a Policía Local.
TURISMO
Catro ilustradoras debuxarán os parques de Compostela no proxecto "O Camiño Urbano"
A concelleira de Turismo, Marta Lois, e a comisaria do proxecto O Camiño Urbano, Gemma Sesar, presentaron este proxecto no que catro ilustradoras estarán do 30 de maio ao 3 de xuño debuxando os seus parques e xardíns e os entornos naturais das entradas do Camiño de Santiago na cidade. Coas ilustracións que fagan estes días editarase un libro que amosará o atractivo verde de Santiago.
ACCIÓN CULTURAL
Compostela recibe a Póvoa de Varzim como cidade convidada da segunda edición da SELIC
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou esta mañá en rolda de prensa as actividades coas que a Semana do Libro de Compostela honra a cidade de Póvoa de Varzim. Fíxoo acompañada de Lucinda Delgado, responsable de Turismo da Cámara Municipal de Póvoa.