ALCALDÍA
O alcalde de Santiago asiste á reunión constitutiva do comité de coordinación aeroportuaria
Ángel Currás demanda os voos nacionais e valora positivamente que a porta de entrada do tráfico internacional sexa Lavacolla.
CONSORCIO
O alcalde coñece in situ o resultado dos traballos de rehabilitación realizados na igrexa de Conxo, moi afectada polas humidades
Esta actuación, promovida polo Consorcio, convértese en exemplo de conservación do patrimonio e do medio ambiente. Deixáronse ocos nos aleiros para que o cirrio común, unha ave protexida, poida entrar e construír os seus niños.
FESTAS
A queima do Meco puxo fin ao Antroido 2014
Rematou o Antroido de Santiago de Compostela coa tradicional queima do Meco na praza Roxa. Atrás queda un concorrido desfile e varios días cargados de actividades e animación en barrios e parroquias.
XUVENTUDE
Arrancan novas actividades para a xuventude relacionadas coa integración lingüística e a comunicación
Unha delas céntrase na linguaxe de signos e a segunda, no coñecemento do alemán.
EMPREGO
Os datos do paro de febreiro en Santiago foron os mellores dende o comezo da crise económica en 2008
O número de persoas paradas respecto a xaneiro descendeu un 1,06% en Santiago, un 0,36% en Galicia e un 0,04% en España. Santiago tivo en febreiro 665 persoas paradas menos que en febreiro do ano pasado, polo que o descenso interanual alcanza o 6,62%.
MOBILIDADE
A Concellería de Mobilidade continúa cos preparativos da última etapa da Volta Ciclista que traerá a Santiago máis de 1000 profesionais da comunicación
O concelleiro Luis Bello salientou a importancia que este evento suporá para a cidade a nivel informativo e turístico e deu conta do operativo que continúa traballando para que todo este preparado o vindeiro 14 de setembro.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Continúa a itinerancia da exposición do Ateneo polo centros socioculturais
A Concellaría de centros socioculturais continúa coa itinerancia da exposición Compostela Única polos centros socioculturais, nesta ocasión será o Centro sociocultural do Castiñeiriño "Agustín Bueno" o que acolla desde o xoves 6 ata o 28 de marzo a interesante mostra fotográfica que estivo recentemente no Csc de Vite.
CULTURA
Redrum Producciones presenta ‘Amor flexible’ e ‘Curriculum Vitae’, venres e sábado no Teatro Principal
As entradas, a un prezo de 10 euros, poden mercarse xa no despacho de billetes do Principal, aberto de 18.00 a 21.00h, ou en Novagalicia Banco (web e teléfono).
BENESTAR SOCIAL
A Rede Municipalista Solidaria do Fondo Galego de Cooperación reúnese en Compostela
Persoal das administracións socias revisan nestes encontros as actividades de sensibilización dispoñibles para 2014 e a andaina dos proxectos en países do Sur. O Concello de Santiago acolleu na Casa das Asociacións de Cornes a primeira das xuntanzas que se celebran en seis vilas galegas.
COMERCIO
Olalla Esmorís Blanco gaña o concurso de vídeo "No corazón do teu barrio"
A concelleira de Comercio, Reyes Leis, entregoulle o premio, un Ipad Mini, ao pai da gañadora, Manuel Esmorís Boquete, xa que ela estaba traballando, nun acto que tivo lugar na Casa do Concello.