ALCALDÍA

O alcalde amosa a súa satisfacción polo selado do vertedoiro de Miramontes

29/12/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinalou hoxe que o peche do vertedoiro de Miramontes "era algo anunciado" polo Goberno municipal, xa hai aproximadamente medio ano. Daquela, sinalou, "informouse de que era necesario completar o nivel para poder proceder a ese selado. Vanse cumprindo os prazos e creo que todos debemos estar satisfeitos de que se poña fin a esa actividade".

Leer más

FESTAS

Regresa a maxia a Compostela coa chegada á cidade das SSMM os Reis Magos de Oriente

28/12/2022

"Cóntame unha cabalgata" é o lema escollido para a visita deste ano das Súas Maxestades. Os contos clásicos e os personaxes que figuran na imaxinación da cativada percorrerán as rúas de Compostela. Dende Conxo ata o Obradoiro adozarán esta tarde chea de ilusión e moita maxia para toda a cativada compostelá tras dous anos sen a Cabalgata por mor da pandemia.

Leer más

URBANISMO

O Concello de Santiago avanza na tramitación do proxecto da plataforma loxística de mercadorías

28/12/2022

O Concello de Santiago de Compostela avanza na tramitación da plataforma loxística de mercadorías, proxectada a carón do Polígono do Tambre. Esta semana aprobouse inicialmente, en Xunta de Goberno, o Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID); e o proxecto de expropiación por taxación conxunta para a execución da primeira fase do citado plan. Tamén se deu luz verde ao convenio con MERCA S.A. para a definición do anteproxecto, redacción do proxecto, execución de obra e dotación deste...

Leer más

ALCALDÍA

As persoas usuarias do Cottolengo visitaron o alumeado de Nadal de Santiago grazas aos taxistas da cidade

27/12/2022

O Concello de Santiago e a Asociación Compostelana de Autotaxi uniron esforzos para agasallar aos usuarios e usuarias do centro do Cottolengo cun percorrido en taxi co que puideron desfrutar in situ das luces e decoracións de Nadal que adornan a cidade durante estas datas. As Irmás do Cottolengo do Pai Alegre de Santiago levan desde o 1951 acollendo e atendendo a persoas enfermas, discapacitadas e de poucos recursos que non poden ser atendidos por outras institucións.

Leer más

PERSOAL

O Concello convoca 92 prazas dentro do proceso de estabilización do emprego

27/12/2022

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe as bases dos procesos selectivos convocado para a cobertura de 92 prazas dentro do proceso extraordinario de estabilización, das que 73 se farán polo sistema de concurso de méritos e 19, polo de concurso-oposición. Este proceso permitirá reducir a temporalidade no emprego público por debaixo do 8%.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

O alcalde visita a máquina de tren "Verderón" despois da súa rehabilitación, na que colaborou o Concello de Santiago

27/12/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visitou esta mañá na estación de tren o histórico "Verderón", tras ser rehabilitado grazas a un convenio asinado entre o Concello de Santiago, o Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación Compostelana de Amigos do Ferrocarril (ACAF). A restauración do Verderón, levada a cabo pola empresa SATECMA, permitirá a posta en marcha de múltiples actividades culturais e educativas, especialmente coa...

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

O Concello avanza na mellora da calidade do aire e na descarbonización coa aprobación do proxecto de Zonas de Baixas Emisións

26/12/2022

A Xunta de Goberno aprobou o proxecto de "Posta en marcha de actuacións para a mellora da calidade do aire e implantación de Zona de Baixas Emisións de Santiago de Compostela", que presentaron, posteriormente, o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo; o concelleiro de Mobilidade, Gonzalo Muíños; e Eduardo Díaz, xerente de AAPP e Smart Tech da compañía Cinfo. Este documento recolle as medidas e directrices necesarias para dar resposta aos requisitos establecidos na Lei 7/2021 de 20 de maio de Cambio Climático e...

Leer más

FESTAS

O alcalde visita Multixogos Nadal, con motivo da súa apertura

26/12/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visitou esta tarde, no Multiusos Fontes do Sar, Multixogo Nadal, que permanecerá aberto desde hoxe ata o próximo 2 de xaneiro. O rexedor destacou a gran afluencia de familias, neste primeiro día. Media hora despois de comezar as actividades, xa entraran sobre 500 persoas.

Leer más
Compartir: