FACENDA
María Rozas presentará o proxecto de Orzamentos Participativos na reunión do Atlantic Social Lab en Rennes
A concelleira de Facenda, María Rozas, viaxará o próximo luns á cidade francesa de Rennes para participar nunha reunión de coordinación do proxecto europeo Atlantic Social Lab, do que forma parte Santiago. A capital galega partipa no programa xunto con outras sete entidades de Irlanda, Reino Unido, Francia e Portugal.
COMERCIO
Seis iniciativas participan na terceira edición do programa de dinamización comercial "Con B de Barrio"
Xa está en marcha a terceira edición do programa de dinamización comercial Con B de Barrio, coa participación de seis proxectos que recibirán asesoramento ata finais de ano, da man da concellería de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo. A iniciativa ten como principal obxectivo fomentar a cooperación entre establecementos comerciais da cidade, para crear sinerxias e redes colaborativas de negocio.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Marta Lois participa en Vitoria-Gasteiz na VI Xornada de Innovación organizada por AENKOMER
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo viaxou hoxe a Vitoria-Gasteiz para participar na VI Xornada de Innovación organizada por AENKOMER, a Asociación de Empresarias e Empresarios de Comercio e Servizos de Álava. Marta Lois fixo unha presentación da estratexia comercial de Santiago, e interviu nunha mesa de debate con representantes dos concellos de Bilbao, Pamplona, Valladolid, Zaragoza e Vitoria-Gasteiz, así como da Deputación de Álava e do Goberno Vasco.
EDUCACIÓN
"Cándido y los demás", título gañador do XI Premio Internacional "Compostela" de Álbums Ilustrados
Xa temos obra gañadora do XI Premio Internacional "Compostela" de Álbums Ilustrados, que convoca o Concello de Santiago en colaboración coa editorial Kalandraka. Trátase do título Cándido y los demás, do alacantino Fran Pintadera e o barcelonés Christian Inaraja.
ALCALDÍA
Unha publicación relata a evolución da canción protesta galega, dende o seu nacemento a finais dos anos sesenta con "Voces Ceibes" ata os anos oitenta
O Consorcio de Santiago, a Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago acaban de publicar "Agora entramos nós. Voces Ceibes e a canción protesta galega". É un libro da historiadora Sheila Fernández Conde, que aborda o nacemento e evolución deste movemento en Galicia dende finais dos anos sesenta ata os anos oitenta do pasado século.
ACCIÓN CULTURAL
"A Cabeza Do Dragón" pecha as Xornadas de Música Contemporánea de 2018
As Xornadas de Música Contemporánea pechan este ano coa peza teatral de Producións Excéntricas "A Cabeza do Dragón", de Ramón María del Valle Inclán, e o acompañamento musical en directo do Taller Atlántico Contemporáneo. Presentárono está mañá na Casa do Concello o director-xerente do Auditorio de Galicia Xaquín López, Quico Cadaval, director da compañía teatral, os membros do elenco Josito Porto, Patricia Vázquez e Yelena Molina; e Luís...
DEPORTE
Preto de 350 deportistas participarán desde mañá na V Jamboree Minibasket
Un total de 345 deportistas de 22 equipos participarán desde mañá na V Jamboree de Minibasket que organizan a Federación Galega de Baloncesto e o Concello de Santiago. A competición vaise desenvolver no pavillón do Restollal, con 10 equipos masculinos e 12 femininos.
EDUCACIÓN
Os CEIPs Raíña Fabiola e Monte dos Postes acollen os 260 nenos e nenas inscritos no Programa de Conciliación de Verán
Preto de 260 nenos e nenas participarán ao longo deste verán no programa de conciliación organizado pola Concellería de Educación e Cidadanía, e que se desenvolve nos CEIPs Raíña Fabiola e Monte dos Postes. Este segundo centro recibiu esta mañá a visita do concelleiro Manuel Dios, que quixo coñecer as actividades das que están a gozar nestes días os cativos e cativas.
CIDADES PATRIMONIO
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade presenta o seu Observatorio Turístico
O documento, financiado pola Secretaría de Estado de Turismo, sinala como grandes retos xestionar o crecemento de forma sustentable e adaptarse aos novos hábitos dos viaxeiros. Ao acto de presentación asistiu o concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o asasinato machista dunha muller en Zaragoza.
A alcaldesa en funcións, María Rozas, e outros/as integrantes da Corporación participaron neste acto, no que se gardou un minuto de silencio en recordo da muller asasinada, de 37 anos. Volveuse dar así cumprimento á moción aprobada por unanimidade no Pleno da Corporación do 7 de setembro de 2015, que fixa accións de dó e solidariedade por cada asasinato machista.
No que vai...