PROMOCIÓN ECONÓMICA
O Foro de Talentia Summit volve á Cidade da Cultura para clausurar unha edición 2022 que xa vai polos 23.000 participantes virtuais
O auditorio do Edificio Fontán da Cidade da Cultura acollerá o próximo xoves 24 novembro de 2022 ás 18:30 h o Foro Talentia Summit ‘22. Yolanda Vázquez será a condutora dun acto que contará con varios conferenciantes de prestixio. Ademais, o talento artístico terá a súa representación en Fredi Leis, músico e compositor compostelán animará unha xornada que estará cargada de innovación e coñecemento.
DEPORTES
Santiago acolle esta fin de semana a final do Campionato de España de Enduro
Compostela acollerá a proba final do Campionato Nacional de Enduro. Do venres 18 ao domingo 20 de novembro, os circuítos dispostos no entorno do Estadio Verónica Boquete acollerán á elite a nivel nacional deste deporte de resistencia e habilidade.
ACCIÓN CULTURAL
A Banda de Música, en colaboración con Amigos da Ópera, leva ao Auditorio este domingo "Son de contos", un espectáculo infantil de balde que combina música e narración
O próximo domingo, ás doce do mediodía, terá lugar no Auditorio de Galicia, o espectáculo "Son de contos", organizado polo Concello de Santiago a través da concellaría de Acción Cultural, coa colaboración da Asociación Amigos da Ópera. A Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela pon a melodía a tres obras da literatura infantil, narradas pola escritora Ledicia Costas, con coros do Terra A Nosa e voz da soprano Clara Planas.