POLÍTICAS SOCIAIS
A quinta edición de Compostela + Solidaria ofrece tres semanas de actividades para 'mudar o mundo'
A Coordinadora Galega de ONGD e o Concello de Santiago poñen en marcha a V edición de Compostela + Solidaria, un programa de sensibilización e divulgación que terá lugar do 14 de setembro ao 5 de outubro en distintos espazos da cidades.
ALCALDÍA
O alcalde salienta o compromiso do Concello cos cinco puntos recollidos no acordo do Foro Cívico
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, deu conta hoxe da marcha dos puntos recollidos no acordo do Foro Cívico, nunha xuntanza na que tamén participaron, ademais de representantes do Foro, os voceiros do grupos municipais no Concello Alejandro Sánchez-Brunete, Marta Lois e Goretti Sanmartín.
ACCIÓN CULTURAL
O XXI Ciclo Lied explorará ‘A beleza da melancolía’ con tres concertos no Teatro Principal
O Ciclo Lied, organizado polo Concello de Santiago coa dirección da Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela e co apoio da Deputación da Coruña, celebra neste 2020 a súa vixésima primeira edición. Baixo o título A beleza da melancolía, o programa deste ano trazará un percorrido pola estreita relación que se establece no xénero entre a poesía e a música, así como as emocións que se debullan nestas composicións de carácter intimista e evocador....
IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio polas mulleres asasinadas en Cádiz e Asturias, vítimas da violencia machista.