ALCALDÍA
A IXP Carne Vacún de Galicia construirá a súa sede nunha parcela cedida temporalmente polo Concello de Santiago
O Consello Regulador das Indicacións Xeográficas Protexidas da Carne Vacún de Galicia construirá a súa nova sede en Santiago, nunha parcela cedida temporalmente polo Concello no SUNP-5 da Muíña. Así se recolle no acordo asinado hoxe polo alcalde, Martiño Noriega, e o presidente da IXP, Jesús González Vázquez.
EDUCACIÓN
O Concello recoñece o labor do profesorado xubilado ao longo deste curso
O Concello de Santiago rendiulle hoxe homenaxe ao profesorado e aos directores de centros de ensino de Compostela que se xubilaron ao longo deste curso. Foi nun acto celebrado no Salón Nobre do Pazo de Raxoi, presidido pola alcaldesa en funcións, María Rozas.
INFORMÁTICA
O persoal municipal prepárase para a chegada da Administración Electrónica
O Concello de Santiago segue preparándose internamente para a implantación da Administración Electrónica, un ambicioso proceso de modernización que mudará a forma de organizar o traballo na administración local e a súa relación coa cidadanía. Os xefes e xefas dos diferentes departamentos municipais participaron nunha xuntanza explicativa, que nas vindeiras semanas se repetirá co resto do persoal do Concello.
OBRAS
Iniciadas as obras do aparcadoiro da Avenida de Ferrol
Esta semana comezaron as obras de acondicionamento dun aparcadoiro público en superficie na avenida de Ferrol, nas que se van investir algo máis de 95.000 euros. O concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial, Rafael Peña, deu conta do inicio dos traballos nunha rolda de prensa na que avanzou as actuacións que van comezar nas próximas semanas.
ALCALDÍA
Fixada a data do 15 de outubro para a vista preliminar no caso das esculturas de Abraham e Isaac
O próximo 15 de outubro celebrarase en Madrid a vista preliminar no procedemento xudicial aberto tras a demanda formulada polo Goberno local. para a recuperación das figuras de Abraham e Isaac, que pertencen ao Concello de Santiago pero que están en mans da familia Franco. Despois desa vista preliminar, abrirase o xuízo, previsiblemente antes de final de ano.