XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno acorda a substitución de tres autobuses da rede de transporte urbano
A Xunta de Goberno acordou hoxe a substitución de tres vehículos adscritos á rede de transporte colectivo urbano de viaxeiros. Con este, xa son 19 os autobuses substituídos no último ano, nunha flota de 50.
CONVIVENCIA
A Policía Local realizará controis de alcoholemia e de drogas na condución durante a vindeira semana
Dende este luns 4 e ata o vindeiro domingo 10 de xuño, a Policía Local de Santiago súmase á campaña especial da DXT de control da taxa de alcohol e presencia de drogas en condutores. Esta campaña súmase aos controis que periodicamente realiza a Policía Local.
TURISMO
Catro ilustradoras debuxarán os parques de Compostela no proxecto "O Camiño Urbano"
A concelleira de Turismo, Marta Lois, e a comisaria do proxecto O Camiño Urbano, Gemma Sesar, presentaron este proxecto no que catro ilustradoras estarán do 30 de maio ao 3 de xuño debuxando os seus parques e xardíns e os entornos naturais das entradas do Camiño de Santiago na cidade. Coas ilustracións que fagan estes días editarase un libro que amosará o atractivo verde de Santiago.
ACCIÓN CULTURAL
Compostela recibe a Póvoa de Varzim como cidade convidada da segunda edición da SELIC
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou esta mañá en rolda de prensa as actividades coas que a Semana do Libro de Compostela honra a cidade de Póvoa de Varzim. Fíxoo acompañada de Lucinda Delgado, responsable de Turismo da Cámara Municipal de Póvoa.
INFORMÁTICA
Empeza o proceso para a implantación da Administración Electrónica
Este venres deu comezo o proceso interno para a implantación da Administración Electrónica no Concello de Santiago, cunha primeira xuntanza de coordinación que estivo presidida polo concelleiro de Medio Ambiente, Convivencia e Informática, Xan Duro. A empresa adxudicataria informou ao secretario, ao tesoureiro e o vicetesoureiro municipais dos primeiros pasos a dar para lograr a modernización global da xestión municipal. O Goberno destinará máis de 1,8 millóns de euros á nova plataforma.
ACCIÓN CULTURAL
Obradoiros, conversas, música, paseos e xogos, no sábado que a SELIC dedica a Salvador García-Bodaño
A SELIC amplía o seu programa e horarios na fin de semana. O sábado 2 de xuño, a carpa instalada na Quintana abre as súas portas ás 11:00 horas para abeirar unha intensa xornada chea de actividades para todos os públicos. Ao comezo do día, a Libraría Lila de Lilith e a plataforma A Sega trasladan á feira o club de lectura Olladas Cruzadas, no que Paula Gómez del Valle modera a conversa sobre os libros Sangue 12, de Cris Pavón, e Saturno tamén é Deus, de Uxía.../em>/em>
ALCALDÍA
O alcalde compostelán acóllese ao seu dereito ao permiso de paternidade
O alcalde de Santiago acollerase ao seu dereito ao permiso de paternidade tras o nacemento do seu segundo fillo. María Rozas exercerá de alcaldesa en funcións durante a ausencia de Martiño Noriega, nas próximas catro semanas.