XUNTA DE GOBERNO
A empresa Acciona encargarase de novo este ano dos Fogos do Apóstolo
A empresa Acciona volverase encargar este ano dos Fogos do Apóstolo, despois de que a Xunta de Goberno aprobara hoxe a adxudicación do contrato, por un importe de 217.099,83 euros, IVE incluído. Nel inclúense os dous espectáculos tradicionais das festas, o do 24 e o do 31.
CONVIVENCIA
A Policía Local súmase á campaña de control das condicións do vehículo impulsada pola DXT
A Policía Local vaise sumar á campaña especial de vixilancia e control das condicións do vehículo, impulsada Pola Dirección Xeral de Tráfico e que se vai desenvolver do 17 ao 23 de xullo.
FESTAS
Santiago volverá vestirse de gala no Día do Traxe
O 29 de xullo celebrarase a XXXVIII edición do Día do Traxe, no marco das festas do Apóstolo. A tenente de alcalde, María Rozas, presentou hoxe esta cita tradicional, nunha rolda de prensa na que estivo acompañada polo secretario da Asociación do Traxe Galego, Francisco Collantes, e do director de Comunicación e Relacións Institucionais de El Corte Inglés-Galicia, Pati Blanco.
FESTAS
"Il trovatore", de Giusseppe Verdi, na Quintana grazas ao proxecto "Liceu á fresca"
O Gran Teatre do Liceu, a Obra Social "a Caixa" e o Concello de Santiago de Compostela colaboran no proxecto Liceu á fresca, grazas ao cal a praza da Quintana acollerá o próximo 21 de xullo, ás 22:00 horas, a ópera Il trovatore, de Giuseppe Verdi, non marco das festas do Apóstolo.
CONSORCIO
Dous músicos noveis galegos tocarán como solistas coa RFG xunto con outros mozos de Canadá e Rusia
O VII Festival Internacional Peregrinos Musicais, cuxa finalidade é apoiar a novos talentos galegos e doutros países, clausúrase este luns, 17 de xullo, como é habitual, cun concerto coa Real Filharmonía de Galicia (RFG). A orquestra, dirixida nesta ocasión polo seu director asociado, o mestre compostelán Maximino Zumalave, acompañará a músicos noveis de Galicia e tamén procedentes de Canadá e Rusia. Esta cita terá lugar ás 20:30 horas no Auditorio de Galicia.
FESTAS
O Festival Terra da Fraternidade protagoniza a primeira fin de semana do Apóstolo 2017
Despois de darlle a benvida ao Apóstolo 2017 co pregón de Uxía Senlle e a música de Mercedes Peón, chega unha fin de semana que virá marcada polo blues, funk e o soul, con numerosos concertos e actividades en varias zonas da cidade.
FESTAS
Uxía percorre a Compostela máis popular no pregón que abriu as festas do Apóstolo 2017
A cantante Uxía Senlle abriu esta noite as festas do Apóstolo 2017, cun pregón que emocionou os centos de persoas que se congregaron na praza do Obradoiro. A cantante realizou un roteiro pola Compostela cultural e musical que ela coñece e cualificouno como un "canto a Compostela".