EDUCACIÓN E CIDADANÍA
As Escolas Infantís Municipais acollen varios simulacros para mellorar a seguridade do persoal usuario
A Rede Municipal de Escolas Infantís conta cun Plan de Emerxencia e Evacuación, que se plasma nun Manual de Autoprotección e en diversas accións de formación e simulacros de actuación, todo isto no marco do Programa Municipal de Seguridade e Autoprotección dos Centros Escolares do Departamento de Educación e Cidadanía.
ECONOMÍA E FACENDA
O Concello logra un superávit de 7,9 millóns de euros
A aposta polo mantemento ten o seu reflexo na liquidación de 2016 cunha execución do 91%. A maiores, continúanse saneando as contas municipais, situando a débeda en 39 millóns de euros.
O alcalde anuncia axustes na delegación de competencias para o que resta de mandato
O alcalde deu conta hoxe dalgunhas modificacións na delegación de competencias entre os concelleiros do Goberno, "co obxectivo de repartir e equilibrar as cargas de traballo, e de afrontar con novos folgos a segunda parte do mandato". Martiño Noriega adiantou que "os cambios na parte política irán tamén acompañados dalgunhas novidades no que ten que ver coa organización interna do Concello de Santiago".
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba o incremento da achega á Fundación Refuxio de Animais
A Xunta de Goberno acordou hoxe modificar o convenio de colaboración entre o Concello de Santiago e a Fundación Refuxio de Animais para este ano, co obxectivo de incrementar a achega municipal a esta entidade. Esa cantidade pasará de algo máis de 158.000 euros a 200.000 euros.
Ao tempo, a Xunta de Goberno autorizou o pago dun anticipo de case 71.000 euros, correspondente ao terceiro trimestre do ano.
ACCIÓN CULTURAL
Música, exposicións e cine na programación cultural de Compostela
Último fin de semana para visitar ‘Os mundos de Carlos Casares’ na Zona C e a Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea no Auditorio de Galicia
ALCALDÍA E DEPORTES
Recepción aos participantes da Carreira do Peregrino
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado de varios concelleiros e concelleiras da corporación recibiu aos membros da Carreira do Peregrino, un percorrido diferente dende Roncesvalles ata Santiago de Compostela.