TURISMO
A ONCE dedica un cupón ao VIII centenario da peregrinación de San Francisco de Asis a Santiago
A Organización Nacional de Cegos quixo implicarse na celebración do VIII centenario da peregrinación de San Francisco de Asis á cidade compostelá. Con este motivo realizou un cupón conmemorativo, que foi presentado esta mañá no Hotel Monumento de San Francisco. A concelleira de Turismo, Reyes Leis, asistiu ao acto.
TURISMO
A Praza do Obradoiro recibe a visita de turoperadores turcos
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis, recibiu na Praza do Obradoiro a touroperadores e axentes de viaxes procedentes de Turquia. Unha iniciativa coa que a concellería de Turismo busca incrementar a oferta turística en Santiago.
NORMAILIZACÓN LINGÜÍSTICA
Comezan as actividades do programa "En galego con todas as letras"
Con motivo do Día das Letras Galegas, que este ano se dedica a Xosé María Díaz Castro, a concellería de Normalización Lingüística ten programadas entre hoxe, dia 9, e o 28 de maio, unha serie de actividades dirixidas aos máis cativos que poderán participar e gozar en galego.
COMERCIO
A axenda de "Estrea Estilo!" para o domingo contará con actividades durante todo o día
Durante a acción, promovida pola Concellaría de Comercio de Santiago de Compostela, presentaranse as coleccións primavera-verán dos comercios da cidade nos espazos interiores e exteriores do Pazo de San Lourenzo.
ECONOMÍA
O Concello e a Cámara de Comercio renovan o acordo para a formación en autoemprego e emprendemento de mozos e mozas da cidade
O Concello de Santiago de Compostela e a Cámara de Comercio, Industria e Navegación asinaron hoxe un convenio de colaboración para a realización dun programa de Dinamización e Fomento do Espírito Emprendedor no Ámbito Educativo. No acto de sinatura participaron o presidente cameral, Jesús Asorey, e a concelleira de Economía, Emprego, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis, ademais do secretario xeral da Cámara, Fernando Barros.
ALCALDÍA
O Concello colaborará cos Autónomos de Galicia na organización dun seminario para o fomento do emprendemento
O alcalde compostelán, Ángel Currás, reuniuse no Pazo de Raxoi co presidente de Autonómos de Galicia, Lisardo Domínguez, para seguir avanzado nos asuntos que atinxen a ambas institucións.