EDUCACIÓN
O sábado remata a Campaña de Animación á lectura con dous concertos especiais
A XIV Campaña Municipal de Animación á Lectura celebra o acto de clausura coa presentación do libro-disco Brinca Vai!. Ademais, a Escola Municipal de Música de Santiago colaborará en dito evento cun concerto na praza do Toural. A concelleira María Castelao asistirá ao acto.
FESTAS
Continúan as Festas da Ascensión co concerto de Os Resentidos
Chegados ao ecuador das Festas da Ascensión, están programadas para esta tarde e o fin de semana diversas actividades musicais, deportivas e de lecer para todos os públicos. Unha desas citas é o concerto de Os Resentidos.
SEGURIDADE CIDADÁ
O luns 2 ábrese o prazo para solicitar os permisos para as cacharelas de San Xoán
O concelleiro de Seguridade e Mobilidade, Luis Bello, deu conta das normas de seguridade e de xestión de permisos para as cacharelas en espazos públicos e privados na noite San Xoán, que foron aprobados na última sesión da Xunta de Goberno. O prazo de solicitude destas fogueiras estará aberto do 2 ao 16 de xuño e non se atenderá ningunha das que se presente fóra do mesmo, nin antes nin despois.
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
O Concello promove unha iniciativa para potenciar a produción hortícula do rural a través de cooperativas
A concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano Sostible, María Pardo, xunto cos concelleiros Luis Meijide e José María Rosende e o director-xerente de AGACA, Higinio Mougán, presentaron esta mañá en rolda de prensa a iniciativa Cinturón Verde de Santiago, un plan de información e divulgación da potencialidade produtiva hortícola no contorno rural levada a cabo pola Rede Eusumo.