COMERCIO
O pequeno comercio recibe os seus galardóns
O Pazo de Raxoi acolleu a entrega de premios do programa Santiago Comercio de Cine, que agasalla e distingue ao pequeno comercio en varias categorías. O acto estivo presidido polo alcalde compostelán, Ángel Currás, e contou coa presenza da concelleira de Comercio, Reyes Leis.
BENESTAR SOCIAL
O edificio Cersia acolle unha nova xornada formativa contra a violencia de xénero
A concelleira María Castelao asistiu a unha nova xornada das charlas informativas que organiza a Área de Benestar Social enmarcadas no III Plan de Igualdade. Comezaron o pasado mes de abril e continuarán durante maio e xuño.
TURISMO
Os restaurantes gañadores de Tapéate Compostela promocionarán a gastronomía de Santiago en Xapón e Brasil
Máis de trinta restaurantes xa están inscritos para Tapéate Compostela, que terá lugar entre o 6 e o 21 de xuño baixo o lema "O Producto do Mercado". Os cociñeiros que elaboren a Mellor Tapa do Xurado e a Mellor tapa do Público participarán nas promocións de Turismo de Santiago.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba o proxecto de rehabilitación do palacete da Finca do Espiño e recupérao para uso cidadán
A voceira da Xunta de Goberno local, María Pardo, deu conta dos acordos adoptados na última sesión, entre os que salienta a aprobación do proxecto de rehabilitación da Finca do Espiño, no que se investirá 1.262.100 euros procedentes da execución do aval embargado á empresa Layetana.