TURISMO
Unha delegación de Tanabe visita Santiago para reforzar a colaboración entre ambas cidades
A Catedral acolle mañá ás 10.30 unha actuación de monxes budistas e sacerdotes xintoístas, que representará a unión entre o Camiño de Santiago e o Kumano Kodo. Os alcaldes da cidade nipona, Mitsutoshi Manago, e de Santiago, Ángel Curras, renovarán o convenio de colaboración para a promoción conxunta das cidades e dos Camiños de Santiago e Tanabe.
EDUCACIÓN
Os rapaces de secundaria do IES Arcebispo Xelmírez fanse co primeiro premio do Certame de Teatro Intercentros
A obra "Fóra de xogo", do grupo Vai no dentista integrado por alumnos/as dos IES Arcebispo Xelmírez I foi a gañadora do XIX Certame de Teatro Intercentros de Compostela e comarca. Os rapaces representarán a obra no Teatro Principal hoxe ás 20.00 horas e ao remate a concelleira de Educación, María Castelao, fará entrega dos diplomas aos centros participantes e os agasallos aos premiados.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Charlas para os consumidores a cargo de ADICAE
O martes 13 de maio ás 19h, ADICAE(Asociación de usuarios de bancos, caixas e seguros) imparte unha charla gratuíta no Csc O Ensanche sobre as estafas das compañías de telefonía e sobre como ler a letra miúda dos contratos para evitar que a factura se dispare.
COMERCIO
Éxito absoluto de "Estrea Estilo!" cunha multitudinaria asistencia na súa segunda edición
A festa do pequeno comercio promovida pola Concellaría de Comerio do Concello de Santiago de Compostela, convocou o domingo a miles de composteláns que se achegaron durante todo o día ao Pazo de San Lourenzo para coñecer de primeira man as coleccións primavera-verán dos comercios da cidade e gozar das múltiples actividades. O alcalde e a concelleira de Comercio visitaron o pazo este domingo.
BENESTAR SOCIAL
O Multiúsos do Sar acolle este venres o Día Internacional da Familia, unha xornada de lecer e aprendizaxe
A Concellería de Familia e Benestar Social, dirixida pola concelleira María Castelao, organiza este venres no Multiúsos do Sar unha nova edición do Día Internacional da Familia. Unha xornada na que os máis pequenos poderán gozar cos xogos, inchables e a presenza dun contacontos e do Mago Xacobe.
NORMAILIZACÓN LINGÜÍSTICA
Continúan as actividades do programa "En galego con todas as letras"
O Auditorio de Galicia acolleu unha nova actividade ofertada polo departamento de Normalización Lingüística coa qu see pretende homenaxear a Xosé María Díaz Castro, autor protagonista do Día das Letras Galegas. Asistiu a concelleira Rebeca Domínguez.
ALCALDÍA
Fomento licitará este mes a ampliación da AP-9 ao seu paso por Santiago
A ministra de Fomento, Ana Pastor, fixo este anunciou no transcurso do almorzo informativo organizado por "Fórum Europa.Tribuna Galicia" ao que asisitu o alcalde compostelán, Ángel Currás, acompañado por varios concelleiros.