XUNTA DE GOBERNO
O Goberno municipal aproba investimentos por máis de 1,6 millóns de euros para reurbanizacións e melloras do firme
A Xunta de Goberno, presidida polo alcalde, Agustín Hernández, aprobou na súa sesión ordinaria varios proxectos en materia de infraestruturas. As diferentes actuacións suman investimentos por máis de 1,6 millóns de euros.
XUNTA DE GOBERNO
Nova pista polideportiva nas Cancelas
O Concello vai construír unha nova pista polideportiva nunha parcela, lindeira coa rúa Vicente Risco, situada no SUNP-4 do Camiño Francés, no parque das Cancelas. O proxecto foi aprobado pola Xunta de Goberno.
XUNTA DE GOBERNO
Concello e Colexio de Avogados implantarán un servizo para promover acordos na renovación de alugueres de locais comerciais
O Concello vai subscribir un convenio co Colexio de Avogados de Santiago para implantar un servizo de mediación a través desa entidades, dirixido a comerciantes e propietarios, para intentar lograr acordos na renovación dos seus contratos de aluguer. Así o acordou a Xunta de Goberno, que aprobou o texto do documento, no que se que recolle una contía de 5.000 euros para este fin.
ALCALDÍA
Agustín Hernández reuniuse cos representantes veciñais do Romaño e do Eixo
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, mantivo esta mañá xuntanzas coa Asociación de Veciños Ponte do Romaño-San Xoán de Afóra e da Asociación de Veciños Domingo Cepeda, do Eixo.
ALCALDÍA
O alcalde visitou as obras de mellora da mobilidade e da accesibilidade de Vista Alegre
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, visitou as obras de mellora da mobilidade e da accesibilidade que se están realizando no barrio de Vista Alegre, incluídas no programa Urbana Santiago Norte. No percorrido estivo acompañado por integrantes da Asociación de Veciños de Vista Alegre e polos concelleiros Luis Meijide e José María Rosende.
CULTURA
"Sorrow and Joy" e "Güeros", citas imprescindibles do domingo en Cineuropa
Con permiso de Güeros, a película deste domingo é Sorrow and Joy, de Nils Malmros. Non só pola crúa e realista historia, senón pola presenza do cineasta para debater co público. O mellor para o espectador desta película é asistir á súa proxección o máis inocentemente posible, sen informarse sobre ela. A cita é no Salón Teatro ás 19:45 h, tras o pase das 17:00 h de Pain of love, da que tamén poderemos debater co propio Malmros.