ALCALDÍA
Agustín Hernández destaca a importancia da gastronomía e de eventos como Santiago(é)Tapas para desestacionalizar a demanda turística na cidade
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participou no Hostal dos Reis Católicos na presentación da VII edición do concurso Santiago(é)Tapas. Son 69 os locais que presentarán un total de 111 petiscos a concurso neste certame, que se celebrará do 14 ao 30 de decembro.
ALCALDÍA
O alcalde cualifica de "brillante e exquisita" a obra "A insólita peregrinaxe de Harold Fry", de Rachel Joyce, gañadora do Premio Novela Europea Casino de Santiago
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu á entrega do Premio Novela Europea Casino de Santiago, na súa XI edición á escritora británica Rachel Joyce, pola súa obra A insólita peregrinaxe de Harold Fry.
CULTURA
O Premio Antonio Fraguas alcanza a súa XX edición buscando os mellores traballos de investigación sobre o traxe tradicional galego
A Asociación do Traxe Galego, coa colaboración do Concello e do Centro Comercial Compostela convoca a XX edición do Premio de Investigación Antón Fraguas sobre o Traxe Galego. Unha vez máis premiaranse os mellores traballos descritivos e analíticos sobre esta indumentaria.
CULTURA
Última oportunidade de ver "Marie Heurtin", "Miss Julie" e "La French" e estrea de "Funes, o inventor da lúa" en Cineuropa
Na xornada do xoves 13 en Cineuropa poderemos asistir á estrea de Funes, o inventor da lúa, un filme de Quique Otero, ás 19:00 horas, no Salón Teatro. Ademais, última oportunidade para ver os filmes da Sección Oficial Marie Heurtin (ás 18:15 h no Principal); Miss Julie (22:00 h no Principal) e La French (22:00 h no Salón Teatro). Seguindo na Sección Oficial, poderemos ver por primeira vez Phoenix, de Christian Petzold, ás 20:00 h no Teatro Principal.
CONSORCIO
O Consorcio promove tres novos obradoiros didácticos no Museo das Peregrinacións
O Consorcio de Santiago promove esta fin de semana no Museo das Peregrinacións e de Santiago (sede Praza das Praterías) tres novos obradoiros didácticos dirixidos a nenos de entre 6 de 12 anos. Cada un deles ten unha duración de entre unha hora e media e dúas horas. A finalidade desta experiencia lúdica é que os máis pequenos se acheguen á historia de Compostela a través de propostas diferentes.