CENTROS SOCIOCULTURAIS
Ábrese o prazo de inscrición na viaxe á Asturias Mineira de "Imos de excursión"
A Concellería de Centros Socioculturais, no marco do programa Imos de excursión 2013, abre o martes 10 de setembro a partir das 17:00 horas, o prazo para inscribirse na viaxe denominada "Asturias Mineira" que se desenvolverá os días 28 e 29 de setembro.
MOBILIDADE
Mobilidade estudará posibles melloras no servizo de transporte urbano aos polígonos do Tambre e Costa Vella
Este luns, 9 de setembro, produciuse o cambio aos horarios de inverno no transporte urbano. A nova temporada non contempla cambios substanciais con respecto ao inverno pasado, agás os levados a cabo no presente ano, coa adecuación da nova liña P6 ao polígono do Tambre. Así o explicou en rolda de prensa o concelleiro de Mobilidade, Luis Bello, acompañado polo xerente da Empresa Municipal de Xestión do Transporte Urbano en Santiago (TUSSA), José Ramón Mosquera.
BENESTAR SOCIAL
O Concello pon en marcha unha campaña destinada á hostalería co obxectivo de reducir o consumo de alcohol entre os mozos
A concelleira de Benestar Social, María Castelao, presentou en rolda de prensa unha serie de accións dirixidas ao sector hostaleiro co obxectivo de reducir o consumo abusivo de alcohol entre os mozos e mozas. Estas actuacións, baixo o título Que che apetece? Santiago Sen retoman as liñas do Plan de Acción Local para Prevención das Drogodependencias.
ALCALDÍA
Recepción aos peregrinos da Asociación de Pais de Persoas con Parálise Cerebral
A alcaldesa en funcións, Amelia González, e o concelleiro de Mobilidade, Luis Bello, recibiron á Asociación de Pais de Persoas con Parálise Cerebral da Coruña (ASPACE), ao remate da súa peregrinación a Compostela.
URBANISMO
Os peregrinos serán desviados provisionalmente pola rúa do Medio durante as obras na rúa de San Pedro
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, asegurou en rolda de prensa que as obras da rúa de San Pedro "estarán rematadas en prazo", co obxectivo de que a zona estea lista para a campaña comercial de Nadal. Tamén anunciou que os peregrinos serán desviados provisionalmente pola rúa do Medio durante as obras.
ECONOMÍA
O mércores remata o prazo para inscribirse no primeiro seminario para emprendedores do Urbana Santiago Norte
A Concellería de Economía, convoca, no marco do programa Urbana Santiago Norte, proxecto cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) tres seminarios de capacitación para o emprendemento, denominados Emprendedoors. Abrindo portas ao emprendemento en Urbana Santiago Norte.