XUVENTUDE E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Máis de 150 estudantes estranxeiros universitarios xa se inscribiron no programa "Busco parella...lingüística"
A concelleira de Xuventude e Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, lembrou que segue aberta a inscrición no Programa de Intercambio Lingüístico Busco parella...lingüística, posto en marca polo Concello en colaboración coa USC. Precisamente, grazas á información ofrecida na xornada de benvida aos alumnos estranxeiros que se incorporan á USC, xa son máis de 150 os estudantes anotados no programa.
DEPORTES E EDUCACIÓN
O Concello convida os composteláns a un paseo pola cidade no XXIII Día da Bicicleta
Os concelleiros de Deportes, Adrián Varela, e de Familia e Benestar Social, María Castelao, presentaron o XXIII Día da Bicicleta, que se celebrará o domingo 29 de setembro. Un ano máis, o Concello aposta por esta xornada de lecer, deporte e familia, que nesta ocasión terá a súa meta na praza central da Cidade da Cultura.
SEGURIDADE CIDADÁ
Redución significativa das infraccións polo non uso do cinto de seguridade e de sistemas de retención infantil nos vehículos
O concelleiro de Seguridade Cidadá e Mobilidade, Luis Bello, detallou os resultados da última Campaña de vixilancia e control de cintos e sistemas de retención infantil, realizada entre o 9 e o 15 de setembro, no marco dos controis promovidos pola Dirección Xeral de Tráfico. Os datos constatan unha redución do número de infraccións, resultando especialmente significativa a inexistencia de infraccións por ausencia de sistemas de retención infantil nos controis efectuados.
CULTURA
Estrea de "Mornings", de Blanca Cendán e Suso Alonso, dentro do ciclo Teatro & Danza
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, Blanca Cendán e Suso Alonso presentaron na Zona C Mornings. Guateque global, cuxa estrea absoluta se celebrará na propia Zona C dentro do ciclo Teatro & Danza. Será en catro funcións, do xoves 19 ao domingo 22 ás 20:30 horas, agás o domingo, que será ás 19:30 horas.
CULTURA
Posponse ata o luns 23 o concerto inagural da temporada de Real Filharmonía por un problema de saúde do barítono Simón Orfila
O concerto de inauguración da nova temporada de abono do Auditorio de Galicia e a Real Filharmonía, previsto para este xoves 19 no Auditorio tense que cancelar por unha indispoñibilidade vocal duns dos seus principais protagonistas, o barítono Simón Orfila. O recital, que se centrará en arias de óperas dos máis grandes compositores deste xénero, Mozart, Rossini e Donizetti (Don Giovanni, O barbeiro de Sevilla, Lucrezia Borgia ou Anna Bolena, entre outras), terá lugar o luns 23 de.../em>/em>