BENESTAR SOCIAL
O Concello de Santiago reafirma o seu apoio ao labor realizado por Proxecto Home
A alcaldesa en funcións, Reyes Leis, e a concelleira de Benestar Social, María Castelao, visitaron o centro terapéutico que Proxecto Home ten en Cernadas (Portomouro – Val do Dubra). As edís puideron coñecer as instalacións e o traballo que nelas se realiza.
ECONOMÍA
Compromiso municipal cos emprendedores da cidade aumentando as axudas a novas empresas ata os 160.000 euros
A concelleira de Economía, Reyes Leis, presentou as novas liñas de axudas a emprendedores do Concello de Santiago. Dedicaranse 160.000 euros a apoiar a creación e desenvolvemento de novas empresas na cidade, a maior cifra que se ten destinado a este capítulo por parte do Concello. Segundo destacou Reyes Leis, esta cifra, nun momento de recortes na Administración, é unha mostra do compromiso do Goberno municipal co emprendemento coma un dos principais xeitos de dinamizar economicamente Santiago e fomentar a creación de emprego.
ALCALDÍA
Últimas xornadas do Curso Universitario Internacional Música en Compostela
O tenente de alcalde e concelleiro de Relacións Institucionais, Francisco Noya, recibiu os participantes no Curso Universitario Internacional de Música Española Música en Compostela. Esta edición número 56 rematará o sábado 17 de agosto.