CENTROS SOCIOCULTURAIS
Remataron as "Mañás de verán e de xogo" nos centros e locais socioculturais
Finalizaron as Mañás de verán e as Mañás de xogo nos centros socioculturais de Vite, Conxo, As Fontiñas e Santa Marta, e nos locais socioculturais de Nemenzo e A Gracia. 180 nenos e nenas participaron nas actividades destas dúas iniciativas, incluídas no programa Vive o verán, da Concellería de Centros Socioculturais.
ACCIDENTE FERROVIARIO
Homenaxe civil ás vítimas do accidente ferroviario en San Domingos de Bonaval
O antigo cemiterio de San Domingos de Bonaval acolleu un acto de homenaxe civil ás vítimas do accidente ferroviario do pasado 24 de xullo organizado polo Parlamento de Galicia, a Xunta e o Concello de Santiago. O alcalde, Ángel Currás, e a Corporación asistiron a esta cerimonia, na que interviñeron representantes dos familiares, dos veciños de Angrois e dos equipos que participaron no dispositivo de emerxencia.
DEPORTES
Santiago acollerá o Campionato de España de Ultimate os días 24 e 25 de agosto
Santiago de Compostela acollerá o 24 e o 25 de agosto o Campionato de España de Ultimate (1ª Division Open) sobre herba. O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou esta competición de disco voador, que será organizada por un novo club santiagués, o Xabaríns Ultimate.
SOSTIBILIDADE
O convenio da nova EDAR recollerá o emprazamento definitivo no Souto e as melloras provisionais na actual depuradora
A concelleira de Sostibilidade, María Pardo, ofreceu máis detalles da reunión mantida polo alcalde, Ángel Currás, co secretario de Estado de Medio Ambiente, Federico Ramos. Así, indicou que o compromiso de melloras provisionais na actual depuradora estará incluída no convenio de execución e explotación da nova EDAR que se asinará en setembro por Concello, Xunta e Aqua España.