COMERCIO
Os 27 comercios participantes no "Sensacion-all Compostela" reciben os seus paquetes promocionais
A concelleira de Comercio, Reyes Leis, e a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, comezaron a entrega dos paquetes promocionais aos 27 comercios participantes no programa de dinamización comercial Sensacion-all Compostela. O teu comercio está de moda, realizado por primeira vez no mes de xuño.
XUNTA DE GOBERNO
A redacción do Plan especial de protección do solo do Camiño Francés permitirá ao Concello outorgar as licenzas nesta área
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou a encomenda ao Consorcio dos traballos de redacción do Plan especial de protección do solo vinculado ao Camiño Francés de Santiago (PE-3). Ademais, adxudicou as obras na Finca do Espiño e as de rebacheo nas parroquias de Compostela.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Nova xornada de xogos tradicionais no parque da Alameda dentro de "Vive o verán"
Continúan as actividades do programa Vive o verán, da Concellería de Centros Socioculturais. O venres 26 de xullo, no parque da Alameda (diante do palco da música) unha nova xornada de xogos tradicionais, na que participarán 90 nenos dos centros socioculturais de Vite, Conxo e da parroquia da Gracia, que gozan das Mañás de verán e de xogo.
MEDIO AMBIENTE
En marcha unha campaña para concienciar á cidadanía da importancia da reciclaxe
O alcalde compostelán, Ángel Currás, acompañado polos concelleiros María Pardo e Juan de la Fuente, asistiron na praza Roxa á presentación da campaña de concienciación social "Separemos ben, reciclaremos mellor", organizada polo Concello en colaboración con Sogama, Ecoembes e a Consellería de Medio Ambiente.
ANULACIÓN
Comunicado do Concello de Santiago: Anúlanse os actos da festividade do Apóstolo
O Concello de Santiago de Compostela comunica que se anulan todos os actos da festividade do Apóstolo por mor do descarrilamento dun tren na tarde de hoxe no lugar de Angrois.
ACCIDENTE FERROVIARIO
Comunicado do Concello de Santiago
O Concello de Santiago de Compostela informa que se habilita o edificio CERSIA (rúa Raimundo López Pol-San Lázaro) para a atención aos familiares.
Agradécese á cidadanía a resposta, pero prégase que non acudan a doar sangue ao Centro de Transfusión do Monte da Condesa (Campus Sur), que xa te atopa colapsado. Lémbrase que para doar é imprescindible, entre outros requisitos, non ter consumido bebidas alcólicas nas últimas 24 horas.
Así mesmo lembramos que, unha vez...