CENTROS SOCIOCULTURAIS
Bombeiros, Policía Local e Protección Civil visitaron os rapaces das "Mañás de xogo"
Continua unha semana máis o programa Vive o verán. Nesta xornada de martes, os rapaces das Mañás de xogo do Local Sociocultural de Nemenzo participaron nunhas xornadas especiais dedicadas á seguridade viaria, que lles permitiu coñecer o traballo dos Bombeiros, da Policía Local e de Protección Civil. O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, uniuse á sesión. Na xornada anterior foron os nenos e nenas do LSC da Gracia os que recibiron esta visita.
XUVENTUDE
Xornada multiaventura en Carcacía para pechar o programa Verán Activo 2013
O Centro Xuvenil e Municipal do Ensanche foi o punto de reunión dos rapaces e rapazas participantes no campamento multiaventura organizado pola Concellería de Xuventude no marco do programa Verán Activo 2013. A edil de Xuventude, Rebeca Domínguez, acompañou a expedición, que se dirixiu a Carcacía (Padrón).
TURISMO
Xuño foi o mes da historia co maior número de pernoctacións internacionais en Santiago
Santiago continúa crecendo como destino turístico internacional. Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), no mes de xuño alcanzouse o maior número de pernoctacións internacionais nun só mes da historia da cidade, con 65.389. A anterior marca producírase en setembro do ano 2012, con 64.193. O terceiro mes remóntase a setembro do ano 2010, cando foron 62.207. O dato é importante non só pola cifra alcanzada senón porque se produce no mes de xuño, cando dende 2009 o mes do ano con maior...
SEGURIDADE CIDADÁ
Máis de 300 efectivos policiais velarán pola seguridade nas xornadas do 24 e 25 de xullo
O concelleiro de Seguridade e Mobilidade, Luis Bello, deu conta das medidas de seguridade e recomendacións para as Festas do Apóstolo. Serán 320 os efectivos policiais os que velen pola seguridade durante as xornadas do 24 e do 25 de xullo.
CULTURA
O programa "Verán na rúa" encherá Compostela de circo, títeres, teatro, maxia e música durante este verán
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Victor Carou, presentaron a segunda edición de Verán na rúa, a programación de cultura para o mes de agosto e parte de setembro. Dezasete compañías levarán ás rúas e prazas da cidade os seus espectáculos de circo, títeres, teatro, maxia ou música.
FESTAS
As Festas do Apóstolo, fieis á súa cita co ensalzamento do traxe galego
Unha das citas tradicionais das Festas do Apóstolo é o Día do Traxe Galego, que alcanzará a súa XXXV edición o sábado 27 de xullo. O concelleiro de Festas, Francisco Noya; a presidenta da Asociación do Traxe Galego, Cristina Mosquera; e o director de Comunicación e Relacións Externas de El Corte Inglés (firma colaboradora), José Antonio Blanco, presentaron o programa desta xornada.
FESTAS
O folk e o teatro infantil protagonizaron a segunda xornada das Festas do Apóstolo
A segunda xornada das Festas do Apóstolo tivo como protagonista principal o folk e como punto de referencia a praza da Quintana. Alí celebrouse o II Certame Folk, organizado por La Voz de Galicia, coas actuacións de Berrogüetto, Tanto Nos Tén e Os D'abaixo. Ademais, no Salón Teatro, cheo absoluto na sesión de teatro infantil coa obra Fíos.