MOBILIDADE
Unha aplicación móbil permitirá estacionar sen ter que usar o parquímetro
O Concello de Santiago de Compostela, a través do Grupo Setex, lanza e-park, a nova aplicación móbil para o aparcamento. O concelleiro de Mobilidade, Luis Bello, presentou o proxecto en rolda de prensa, acompañado polo presidente de Setes, Jaime López de Aguilar. A aplicación entrará en funcionamento a partir da semana que vén.
ALCALDÍA
O alcalde e a conselleira de Facenda asinan o convenio para o financiamento do Estatuto de Capitalidade
A Xunta ratifica o compromiso de contribuír ao sostemento dos servizos derivados da súa condición de capital de Galicia e sede das súas institucións. A Administración autonómica achegará 2,3 millóns de euros ao Concello compostelán
FESTAS
Santiago colabora por segundo ano consecutivo coa Festa do Escalo
O evento, que foi presentado en rolda de prensa polo concelleiro de Festas, Francisco Noya, terá lugar o domingo 21 en Chaián.
ALCALDÍA
Concello e Xunta asinan o convenio que permitirá redactar un novo Plan especial de protección e revitalización da Cidade Histórica
O novo instrumento urbanístico suporá un investimento de mais de 450.000 euros, que serán aportados ao 50% polas dúas administracións. A complexidade do documento multiplícase ao tratarse da capital de Galicia e dun ámbito, a cidade histórica, declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco. O documento supón un reto e unha responsabilidade para ambas administracións, con competencias sobre a materia.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Sesión de astronomía dentro do programa Vive o verán
Hoxe venres 12 a actividade concéntrase no Csc da Trisca mentres que na sede da SGAE péchase o obradoiro de contos para rapaces.
TURISMO
Turismo de Santiago e Hostelería Compostela colaboran na promoción da cerimonia do botafumeiro
A empresa municipal e a asociación sectorial editan conxuntamente material para promocionar a cerimonia do botafumeiro que ten lugar os venres na misa das 19.30. A cerimonia do botafumeiro dos venres é posible grazas a un convenio asinado entre o Concello, a Asociación Hostelería Compostela, a Cámara de Comercio e a Fundación da Catedral.