EDUCACIÓN
O Festival MusiCompostela trae outro novo concerto sen alcol este venres
Este venres 12 de xullo, a partir das 22.00 horas, Doctor Gringo e Johnny and the Ticks actuarán no marco deste festival no Pub Sónar.
XUVENTUDE
Rebeca Domínguez visitou os rapaces que están a participar nas actividades de conciliación de Don Bosco
O Centro Don Bosco acolle a uns 300 rapaces que están a participar nestas actividades entre as 8 e as 15h. O Concello, a través da Concellería de Xuventude, colabora na financiación dalgunhas das actividades.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Continúan as actividades de Vive o verán
Mañá xoves haberá unha saida ao parque acuático de Cerceda que se repetirá o vindeiro xoves 18. Esta actividade, promovida pola Concellaría de centros socioculturais no marco do programa Vive o Verán é unha das máis agardadas polos nenos e as familias
ALCALDÍA
O alcalde recibiu o coronel xefe do Aeródromo militar de Santiago
Ángel Currás e IsaÍas Alejandro García Poncio mantiveron un encontro na casa do Concello.
ALCALDÍA
O alcalde reúnese con Gas Natural-Fenosa para urxir solucións aos problemas de cortes de enerxía na zona norte da cidade
Ángel Currás recibiu na Alcaldía aos responsables de comercialización de Gas Natural-Fenosa Negocios Mayoristas da zona norte de España e tratou con eles a necesidade de que se resolvan canto antes os cortes de subministro eléctrico nalgunhas rúas da cidade. Estes trasladaranlle a cuestión aos responsables de distribución.
SOSTIBILIDADE
Compostela contará con 5 novos parques con espazo para pequenos e maiores
A concelleira da Área de Sostibilidade, María Pardo, fixo valoración en rolda de prensa dos proxectos dos seus departamentos tras dous anos de goberno. Entre eles salientou a creación de cinco novos parques, o millón de euros que se destinará á restauración da Rocha Forte ou o bo funcionamento do Rexistro auxiliar de Urbanismo.
ECONOMÍA
As empresas Lau Creacións e Escompring, gañadoras do premio novo empresario e AJE Junior de Santiago de Compostela
Os galardóns entregáronse nun acto celebrado na Fundación Novagaliciabanco de Santiago de Compostela. 18 empresas da capital galega optaron ao mesmo, que outorga a Asociación de Novos Empresarios Provincia da Coruña. Asistiron o alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Economía, Reyes Leis.