EMPREGO
O Foro da Intermediación e o Emprego dará a coñecer as ofertas laborais da cidade e os servizos da Axencia Local de Colocación
Os días 28 e 29 de novembro, o Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia acollerá a celebración do Foro de Intermediación e o Emprego (FIE). Así o anunciou en rolda de prensa a concelleira de Economía, Emprego, Comercio e Turismo, Reyes Leis, quen destacou que se trata dun "instrumento para dinamizar a economía local", e que se pon en marcha "co propósito de dar a coñecer as oportunidades de emprego, os requisitos e competencias que demanda o mercado laboral".
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Intensa semana de actividades dentro do programa Compostela Cine Classics 2013
A programación do Compostela Cine Classics 2013, promovido pola Concellería de Centros Socioculturais, continúa esta semana con varias citas importantes: a exposición sobre os cines de Compostela, obradoiros, un faladoiro e a última proxección do ciclo.
FAMILIA
O Concello celebrará o Día do Neno cun pleno infantil, o "Cantajuego" e actividades para os máis pequenos
O Concello de Santiago súmase á celebración do Día Internacional dos Dereitos do Neno, o mércores 20 de novembro, cun pleno infantil previsto para ese mesmo día e cunha xornada de lecer previa o 16 de novembro, que terá como punto forte a presenza un ano máis en Santiago do Cantajuego.
ECONOMÍA
Ábrese a inscrición para os cursos de formación en colaboración cos empresarios do Polígono do Tambre
A Concellería de Economía abre a inscrición aos cursos de formación continua, que se deseñaron en colaboración cos empresarios do Polígono do Tambre. Os cursos ofertados para este ano 2013 son: Primeiros Auxilios, Renovación de Lexionela, Programación de Actividades Lúdicas, Xestión de Equipos de Traballo, Condutos de Carretas Elevadoras e Finanzas para non Financeiros.
CULTURA
Madeleine Peyroux, estrea do jazz e a world music, inaugura a programación do Auditorio Novagaliciabanco
Este martes, 12 de novembro, o Auditorio Novagaliciabanco do Preguntoiro acolle o concerto co que se pon en marcha o convenio que asinaron o Concello de Santiago e Novagaliciabanco para que este auditorio pase a formar parte da rede de espazos culturais do Concello. E será un concerto moi especial, xa que a súa protagonista é Madeleine Peyroux, unha das grandes voces da música contemporánea norteamericana. O concerto, enmarcado no ciclo Sons’13, será ás 21:00 horas.
CULTURA
Primeiros pases de "Camille Claudel 1915" e de "Jiaoyou (Stray dogs)" en Cineuropa
Na xornada do martes 12 en Cineuropa destacan dúas citas no Teatro Principal: os primeiros pases de Camille Claudel 1915 e de Jiaoyou (Stray dogs). Bruno Dumont, un clásico xa de Cineuropa, dirixe Camille Claudel 1915, interpretada por Juliette Binoche. Poderemos vela ás 21:45 horas. Xusto a continuación, ás 23:30 horas, chegará Jiaoyou (Stray dogs), de Tsai Ming-liang, Gran Premio do Xurado en Venecia.
ALCALDÍA
Acto de entrega da Medalla de Ouro de Galicia, a título póstumo, a Ceferino Díaz
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu no Parlamento de Galicia ao acto de entrega da Medalla de Ouro de Galicia, a título póstumo, ao ex deputado Ceferino Díaz Díaz.