CENTROS SOCIOCULTURAIS
Compostela Cine Classics programa un faladoiro sobre ciencia no cine e a proxección de "Tempos modernos", de Charles Chaplin
Continúan as actividades do programa Compostela Cine Classics, promovido pola Concellería de Centros Socioculturais. Para esta semana está previsto un faladoiro sobre a ciencia no cine e a proxección de Tempos modernos, de Charles Chaplin.
ALCALDÍA
Proxecto Home traballa na creación dun albergue con fins de inserción laboral na súa antiga sede de Virxe da Cerca
O alcalde compostelán, Ángel Currás, reuniuse co director de Proxecto Home Galicia, Ramón Gómez Crespo, quen lle explicou os proxectos que a entidade ten en marcha, como o dun albergue co fin de facilitar a reinserción laboral das persoas rehabilitadas.
OBRAS
O Concello acomete o acondicionamento integral da pista Forte-Frades (Enfesta)
A concelleira de Obras, María Pardo, e un dos encargados do seguimento do medio rural, Luis Meijide, deron conta das obras de mellora da o vieiro Forte-Frades, na parroquia de Enfesta. A través de dous proxectos, renovarase integralmente o pavimento en 1,6 quilómetros, cun investimento de algo máis de 100.000 euros.
CULTURA
Teatro & Danza comeza temporada con "Imprudentemente deseé" e "[Retro]visor"
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou as obras que abren o ciclo Teatro & Danza para esta última parte do ano, acompañado de Pedro Fresneda e Jorge Rúa, director de Teatro Ensalle e actor de Imprudentemente deseé, e Antía Otero e Isaac Garabatos, que porán en escena (Retro)visor.
PARQUES E XARDÍNS
Acto vandálico na xardinería do entorno das instalacións deportivas de Sar
A concelleira de Sostibilidade, María Pardo, fixo un chamamento aos cidadáns para que denuncien comportamentos vandálicos como os producidos nestas fin de semana, co levantamento dunhas 200 plantas de temporada das zonas axardinadas do entorno das instalacións deportivas de Sar.
TURISMO
Os 19 concellos de Área Santiago avanzan no desenvolvemento dunha web e dunha aplicación para a promoción conxunta
O grupo Área Santiago, composto por 19 concellos da comarca de Santiago, reunise no Pazo de Oca, no Concello da Estrada, co obxecto de continuar avanzando no desenvolvemento de ferramentas para a promoción turística conxunta.
COMERCIO
Aberto ata este mércores o prazo de inscrición no programa "Estrea Estilo!"
A Concellería de Comercio ampliou ata as 14:00 horas deste mércores, 9 de outubro, o prazo para inscribirse no programa de dinamización comercial Estrea Estilo!. Nesta xornada, o pequeno comercio compostelán poderá presentar, exhibir e vender as novas coleccións outono inverno 2013-2014 en diversos espazos do Hotel Araguaney. O evento celebrarase o sábado 19 de outubro, de 10:00 a 15:00 e de 16:00 a 21:00 horas.
MOBILIDADE
Luis Bello acorda cos veciños de Pelamios, Salvadas e Vista Alegre a reserva de prazas de estacionamento para residentes
O concelleiro de Seguridade Cidadá e Mobilidade, Luis García Bello, acompañado por técnicos do Concello, mantivo unha reunión cos veciños das zonas de Vista Alegre, Salvadas e Pelamios, aos que se lle formulou a proposta de implantación de zona verde de residentes para o barrio.