BENESTAR SOCIAL
Santiago acolleu o II Foro de familiares de enfermos con dano cerebral
A concelleira de Benestar Social, María Castelao, asistiu ao II Foro de familiares de enfermos con dano cerebral, que se celebrou na Facultade de Psicoloxía.
COMERCIO
O pequeno comercio compostelán exhibiu e vendeu as súas coleccións outono-inverno na xornada "Estrea Estilo!"
Trinta e catro establecementos comerciais da cidade participaron na iniciativa Estrea Estilo!. Nesta xornada de dinamización, o pequeno comercio compostelán presentou, exhibiu e vendeu as novas coleccións outono inverno 2013-2014 en diversos espazos do Hotel Eurostars Araguaney. A concelleira de Comercio, Reyes Leis, visitou os establecementos e asistiu á entrega de agasallos.
XUVENTUDE
XX aniversario da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco
A Federación de Centros Xuvenís Don Bosco celebrou o seu 20º aniversario cunha xornada chea de actividades. A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, achegouse ata a celebración.