ECONOMÍA
O Concello de Santiago e a AJE Galicia estreitan lazos de colaboración
A concelleira de Economía e Comercio, Reyes Leis, mantivo unha xuntanza co presidente da Federación Galega de Xóvenes Empresarios (AJE Galicia), Daniel Ramos, e co seu xerente, Guillermo Gonzalo Nieto, aos que lle trasladou o "apoio total" da Corporación municipal compostelá ás iniciativas da entidade.
ECONOMÍA
O CERSIA acolle o seminario para emprendedores "Ata onde queres chegar?"
A concelleira de Economía, Reyes Leis; o director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro; e os representantes da Asociación Club Emprende MAS, Román Iglesias e Natalia Gómez, presentaron en Raxoi o seminario para emprendedores Ata onde queres chegar?, dirixido a mozos entre 17 e 35 anos, emprendedores e persoas desempregadas.
ALCALDÍA
Máis de 60 peregrinos fan o Camiño de Santiago para loitar contra o estigma da enfermidade mental
Case 60 persoas con enfermidade mental, monitores e un grupo de familiares chegaron a Santiago tras percorrer o Camiño de Santiago. Trátase dunha actividade organizada pola Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidades Mentais de Galicia (Feafes Galicia), que se celebra por terceiro ano consecutivo tras o éxito de participación en 2010 e 2011.
DEPORTES
Recepción aos participantes no torneo internacional de tenis de mesa ETTU Cup
O Multiusos Fontes do Sar será a sede, o sábado 8 e o domingo 9 de setembro, da primeira ronda do torneo internacional de tenis de mesa ETTU Cup 2012, organizada polo club Arteal TM. Os seus participantes foron recibidos en Raxoi polo alcalde, Ángel Currás, e os concelleiros Adrián Varela e Amelia González.
MOBILIDADE
Os horarios de inverno do transporte público entrarán en vigor o 10 de setembro
Segundo informa TUSSA, a empresa municipal de xestión do transporte urbano en Santiago, o luns 10 de setembro producirase o cambio aos horarios de inverno no transporte urbano.