INFRAESTRUTURAS, CENTROS SOCIOCULTURAIS E BENESTAR SOCIAL
O novo centro sociocultural do Romaño incorporará un centro de día
Os concelleiros de Centros Socioculturais, Francisco Noya, de Obras e Infraestruturas, María Castelao, e de Benestar Social, Paula Prado, presentaron o proxecto do centro sociocultural do Romaño, infraestrutura incluída no programa Urbana Santiago Norte. A principal novidade do mesmo é que este incorporará un centro de día que funcionará naquelas horas en que o local non teña un uso sociocultural.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A Rocha dedica unha nova edición da súa Semana Cultural ás artes gráficas
Do 25 de setembro ao 2 de outubro, celébrase a VIII Semana Cultural, dedicada nesta ocasión ás artes gráficas. Exposicións, obradoiros, visitas guiadas ou a festa en honor a Santa Eufemia conforman o programa desta edición.
ALCALDÍA
Rusia, un mercado cada vez máis emerxente para Santiago de Compostela
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu o embaixador da Federación de Rusia en España, Yuri P. Korchagin. Entre os temas da conversa estivo o auxe que o turismo ruso está a rexistrar en Santiago.
COMERCIO
O Concello colabora con Compostela Monumental e Santiago Centro en dúas accións formativas para comerciantes
A Concellería de Comercio, Compostela Monumental e Santiago Centro, colaboran na organización de dúas accións formativas dentro do programa Santiago Investors Support, que teñen coma obxectivo ofrecer solucións prácticas aos pequenos comercios e aos emprendedores que queiran desenvolver unha iniciativa comercial.
ALCALDÍA
Inaugurado o II Festival Peregrinos Musicais
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu á inauguración do II Festival Peregrinos Musicais, que se celebra en Santiago do 24 ao 28 de setembro.