CULTURA
O Festival Internacional de Percusión leva a música ás rúas e prazas do Casco Histórico
Música nas rúas de Compostela durante esta primeira fin de semana do mes de agosto, a cargo do Festival Internacional de Percusión (FIP), nado a partir da VI edición do Curso Internacional de Percusión Merza 2011 realizado en Galicia e organizado polo Nuevo Contemporáneo de Zaragoza baixo a dirección de César Peris (director da cátedra de percusión no Conservatorio Superior de Música de Aragón) e polos galegos Odaiko Percussion Group.
BENESTAR SOCIAL
Trinta menores participaron nas clases de apoio do programa Alternativa Activa
O Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte-Servizos Sociais, en colaboración coa Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD) levou a cabo durante o mes de xullo o programa Alternativa Activa, de apoio escolar no verán. Esta acción permitiu axudar as familias do municipio na educación dos seus fillos e fillas, reforzando os contidos traballados durante o curso escolar 2011-2012.
MOBILIDADE
Iníciase o prazo de recollida de tarxetas de aparcamento para os veciños de San Pedro
O concelleiro de Mobilidade e Tráfico, Albino Vázquez, anunciou que, dende o venres 3 de agosto, os veciños do barrio de San Pedro (zona 3) que dispoñan da tarxeta de estacionamento de residente de zona verde deberán pasar a recoller a nova tarxeta que substitúe á anterior. Neste barrio deberán cambiarse 1.180 tarxetas