FESTAS
A nova xira de Tom Jones ten as Festas do Apóstolo como única cita en España
O concelleiro de Festas, Francisco Noya, presentou un avance das Festas do Apóstolo, que se celebrarán entre o 20 e 31 de xullo. Tom Jones, Calle 13, Coti, Milladoiro ou Luar das Lubre son algúns dos nomes xa confirmados.
URBANISMO
Os cambios urbanísticos nas Casas de Ramírez outorgarán seguridade xurídica e facilitarán a instalación de ascensores
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, presentou a modificación puntual que pretende realizar o Concello no Plan especial de protección do patrimonio construído de interese cultural no ámbito das chamas Casas de Ramírez. Os obxectivos destes cambios son a regularización dos usos permitidos, posibilitar a instalación de ascensores e determinar as características estéticas que deberán ter los locais do ámbito.
ECONOMÍA
O Concello e Galicia Sustentable trazan liñas de colaboración en materia de responsabilidade medioambiental
As concelleiras de Economía, Reyes Leis, e de Urbanismo, María Pardo, recibiron en Raxoi o presidente da Fundación Galicia Sustentable e voceiro de TEDxGalicia, Marcos Pérez, e ao director do Centro de Negocios de Santiago, Celso Martínez.