CENTROS SOCIOCULTURAIS
Remata o programa "Vive o Nadal"
O programa Vive o Nadal, realizado na Rede de Centros Socioculturais, chega ao seu fin. Os concelleiros de Centros Socioculturais, Francisco Noya, e de Medio Rural, Luis Bello, participaron nunha das últimas actividades, unha sesión de Scalextric desenvolvida no CSC "Aurelio Aguirre" de Conxo.
NADAL
Continúan as visitas aos participantes nos concursos de beléns e de ambientación
Os concelleiros de Centros Socioculturais, Francisco Noya, e de Medio Rural, Luis Bello, visitaron os centros socioculturais que participan no I Concurso de Beléns Compostrela.
BENESTAR SOCIAL
Pequenos e maiores compartiron experiencias e agasallos na Residencia da Terceira Idade Porta do Camiño
A Residencia de Maiores Porta do Camiño acolleu unha entrañable actividade interxeracional, na que as nenas e os nenos do Campamento de Conciliación Urbanadal, do CEIP Apóstolo Santiago, conviviron, por unhas horas, cos usuarios e usuarias que se atopan residindo neste Centro.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello reforza a atención a inmigrantes
A titular de Benestar Social, Paula Prado, indicou en rolda de prensa que o seu departamento duplicou o persoal da Unidade de Atención a Migrantes (UAMI), de tal xeito que hoxe son dúas persoas as que atenden permanentemente o servizo. Neste sentido, afirmou, "ningún inmigrante queda nin quedará sen atender".
CULTURA
The Answer e The Gift inauguran os ciclos Compostela Rock e Sons 2012
O concelleiro de Cultura, Ángel Currás, e o director-xerente do auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentaron os primeiros concertos de Sons 2012, e de Compostela Rock, un novo ciclo da Concellaría de Cultura. Así, Compostela Rock inaugurase o sábado 14 de xaneiro cos irlandeses The Answer, na Sala Capitol, e continuará o 10 de febreiro con Corizonas. Sons 2012 comezará o xoves 2 de febreiro no Teatro Principal co único concerto en Galicia da xira Primavera/Explode: mil cores posibles dos The Gift e o...
CULTURA
"A fermosa muiñeira", de Franz Schubert, pecha o ciclo Todo Lírica
O ciclo Todo Lírica, que se celebra dende o venres 23 de decembro, celebra o martes 3 o seu último concerto, A fermosa de muiñeira, de Franz Schubert, co actor galego Quico Cadaval xunto ao barítono madrileño Gabriel Bermúdez e o pianista bilbaíno Rubén Fernández Aguirre. Será a partir das 21:00 horas no Teatro Principal cando poidamos ver a dramatización deste ciclo de 20 cancións composto por Schubert en 1823 a partir de poemas do alemán Wilhelm Müller. As entradas poden adquirirse a 8...
DEPORTES
Pista de xeo na praza da Quintana
Rematado o Nadal, a Pista de Xeo da praza da Quintana segue aberta ata finais de xaneiro.