EDUCACIÓN E CIDADANÍA
A Escola Municipal de Música súmase á celebración do Nadal cun festival no Teatro Principal
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou as actividades que a Escola Municipal de Música levará a cabo no marco do Festival de Nadal, un evento que vén a celebrarse tradicionalmente por este organismo.
MOCIDADE
Compostela Aventureira achéganos unha carreira de 250 metros e 19 obstáculos para crianzas e adultos
A concelleira de Deporte, Noa Morales, deu conta esta mañá dunha das actividades que forman parte da programación de Nadal 2016 e que leva por nome Compostela Aventureira. Na rolda estivo acompañada de Marcos Gómez, de Just Enjoy Eventos, empresa encargada de coorganizar a actividade.
ALCALDÍA
O alcalde reuniuse coa Coordinadora Galega de ONG
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, a unha representación da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento.
IGUALDADE
Remata o proceso participativo para deseñar o Plan de Igualdade de Xénero do Concello
A Concellaría de Igualdade celebrou onte na Casa das Asociacións de Benestar Social (CABES), un Foro dirixido aos colectivos e entidades de mulleres participantes no deseño do IV Plan de Igualdade de Xénero do Concello de Santiago.
MEDIO AMBIENTE
Máis de 600 comensais aproveitaron os restos dos seus menús na campaña "Que che re-aproveite!"
Ata 630 persoas levaron para a casa os restos das súas comidas durante a campaña Que che re-aproveite!, posta en marcha pola Concellaría de Medio Ambiente no marco da Semana Europea da Prevención de Residuos. O obxectivo do programa, que se desenvolveu en colaboración coa empresa Novotec e no que participaron 25 restaurantes da cidade, era evitar o malgasto alimentario nos establecementos de hostalería. Para iso, os restaurantes que se sumaron á campaña repartiron bolsas e friameiras nas que os seus clientes podían levar...
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
O I Foro de Economía Social Inspiradora buscará a promoción económica centrada nas persoas
Mañá xoves terá lugar, no edificio Cersia, o I Foro de Economía Social Inspiradora. Emprender na adversidade. Celébrase por primeira vez en Santiago, dado o interese que ten este Concello por estimular a promoción económica centrada nas persoas como motores de cambio e na responsabilidade empresarial como factor clave do emprendemento sostible.
MEDIO AMBIENTE
Santiago e Boqueixón asinan un convenio de colaboración para o abastecemento de auga potable ao aeroporto
Os concellos de Santiago e Boqueixón veñen de asinar un convenio de colaboración para o abastecemento de auga potable ao aeroporto de Lavacolla. O acordo terá unha vixencia de cinco anos e poderá ser prorrogado por acordo expreso das dúas partes.
NADAL
O Goberno acorda abrirlle un expediente á adxudicataria da iluminación do Nadal
A empresa Ferrovial encargarase de auditar o estado das instalacións e solucionar as deficiencias, baixo a dirección dos técnicos municipais.
ALCALDÍA
Santiago e A Coruña suman forzas para darlle un novo pulo ao Camiño Inglés
Os alcaldes de Santiago e da Coruña reivindicaron hoxe a importancia do Camiño Inglés, e reiteraron a súa aposta por poñer en valor esta ruta xacobea. Fixérono cunha visita á Catedral, na que Martiño Noriega e Xulio Ferreiro estiveron acompañados polo deán, Segundo Pérez, e polo director da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo. Os dous rexedores lembraron que "o Camiño Inglés é unha vía de peregrinación histórica, que nos últimos anos non tivo o peso que se...
NADAL 2016
O Concello traballa na organización da Cabalgata de Reis máis participativa
O concelleiro Xan Duro presentou hoxe un avance da Cabalgata de Reis deste Nadal, que volverá apostar pola participación activa da cidadanía. O desfile levará por lema "A ruta dos desexos", e nel poderanse ver distintos motivos que representarán a alegría, o amor, a ilusión ou a maxia. Os combos artísticos foron deseñados, na súa meirande parte, en exclusividade para esta cabalgata, na que participarán tanto grupos profesionais como persoas voluntarias.