IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar outro asasinato machista, neste caso dunha muller en Hortaleza (Madrid) o pasado 1 de xaneiro. Foi onte cando un xulgado determinou que se trataba dun caso de violencia de xénero.
HOMENAXE
Xan Duro asiste á ofrenda floral na honra de Ramón María del Valle-Inclán
O cemiterio municipal de Boisaca acolleu este xoves un acto de homenaxe a Ramón María del Valle-Inclán, cando se cumpren 81 anos do seu falecemento. Á ofrenda floral asistiu o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro.
NADAL
Remata o Mercado de Nadal de Carreira do Conde con éxito de participación e 65 postos instalados
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, visitou esta mañá o Mercado de Nadal instalado na Carreira do Conde, que remata hoxe tras máis dun mes instalado.
NADAL
Os Reis Magos repartiron ilusión en Compostela
As rúas de Santiago acolleron a tradicional Cabalgata de Reis, na que Melchor, Gaspar e Baltasar estiveron acompañados por máis de 300 persoas, das que 200 eran veciños e veciñas da capital galega inscritos/as no proceso participativo aberto polo Concello. Os Reis Magos foron recibidos polo alcalde e a Corporación, e escoitaron os desexos dos nenos e nenas que se achegaron ata o Pazo de Raxoi.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago remata as obras de limpeza do ciborio da igrexa de San Martiño Pinario
O Consorcio de Santiago acaba de rematar as obras de limpeza do ciborio da igrexa de San Martiño Pinario. O orzamento global desta intervención foi de 85.207,41 euros. Tal como explica o arquitecto da Oficina Técnica do Consorcio responsable deste proxecto, Ramón Fernández Hermida, limpáronse e rexuntáronse a terraza e os muros do ciborio da igrexa e a cuberta do mesmo, co fin de evitar a entrada da auga da chuvia ao interior do edificio, que chegaba a producir goteiras sobre o altar.
LINGUA
Dous nenos de nove anos e un de cinco, autores das cartas de Nadal máis imaxinativas e creativas
O Correo do Nadal recolleu durante as pasadas semanas centos e centos de cartas escritas polos nenos e nenas de Santiago, dirixidas aos personaxes máxicos que cada ano lles traen os agasallos destas festas. Cumprindo o encargo que recibiran, os nenos e nenas foron escritores imaxinativos e tamén ilustradores creativos. Amosaron nos seus textos cales eran os regalos que agardan pero, tamén, contáronnos como era o Nadal cando os seus avós e avoas tiñan a súa idade. Foron moitos e moitas os que escribiron ao Apalpador, máis aínda aos...
NADAL 2016
Máis de 300 persoas acompañarán aos Reis Magos no seu desfile polas rúas de Santiago de Compostela
Xa está todo listo para a xornada máis especial para os nenos e nenas nas festas do Nadal: a da chegada dos Reis Magos a Santiago. Melchor, Gaspar e Baltasar percorrerán as rúas de Compostela nun desfile no que van participar máis de 300 persoas, das que 200 son veciños e veciñas da capital galega inscritos no proceso participativo aberto polo Concello.
TURISMO
Santiago logrou no 2016 récords en pernoctacións, no aeroporto e no Camiño
O ano 2016 foi un moi bo ano para o sector turístico de Santiago, segundo a concelleira de Turismo, Marta Lois, nunha primeira valoración dos datos correspondentes ao ano pasado. Segundo apuntou, "aínda non están dispoñibles os datos definitivos para poder facer unha valoración máis precisa, pero cos datos xa publicados polas distintas fontes oficiais si se pode afirmar que no 2016 Santiago conseguiu novos máximos históricos nas principais variables que definen a demanda turística da cidade: pernoctacións,...
POLÍTICAS SOCIAIS
A XII edición do "Implícate" traerá unha noite de música, danza e palabra solidaria a Compostela
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, presentou a XII edición de Implícate. Noite de música e palabra solidaria, un evento organizado por Implicadas para o Desenvolvemento. Na rolda estivo acompañada de Monti Castiñeiras e Yolanda Castaño, presentadores da gala, e por Susana Aríns, membro da Xunta Directiva da entidade.
SAÚDE
Concha Fernández visitou na praza Roxa a carpa da campaña "Polos teus ósos"
A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, visitou a carpa da campaña "Polos teus ósos", promovida da Liga Reumatolóxica Galega. Este espazo de sensibilización estará na praza Roxa este mércores e mañá xoves de 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 19:30 horas.