MEDIO AMBIENTE

Reactívase o tratamento de auga na ETAP do Tambre

11/09/2021

Dacordo aos resultados das análises que veñen realizando de forma continua polo laboratorio da concesionaria do servizo, vai comezar a tratar na ETAP a auga captada no río Tambre, de modo que polo momento se poida manter a subministración en toda a cidade de Santiago.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

A quinta edición da Selic devolve os libros á rúa do Vilar de Santiago

10/09/2021

A Selic 2021 xa está en marcha. Os libros volven conquistar as rúas de Santiago desde todos os puntos de vista con medio cento de participantes e medio cento de libros protagonistas. O público, as lectoras e as lectoras, é un participante esencial do festival e así o demostrou desde a primeira acción do festival da lectura con Carlos Negro e Benxamín Otero.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

O festival WOS SON Estrella Galicia traerá de novo a vangarda musical a Santiago de Compostela esta fin de semana

09/09/2021

A VII edición de WOS Festival x SON Estrella Galicia. no que colabora o concello de Santiago, ultima preparativos para volver cunha proposta adaptada aos novos tempos. Desde o venres 10 ata o domingo 12 de setembro, cinco localizacións diferentes da cidade de Santiago de Compostela acollerán esta Lite Edition do consolidado festival que, desta vez, volve en formato reducido mais sen perder a súa esencia e ánimo de ofrecer reveladoras e renovadoras propostas ao seu público cun programa conformado por artistas internacionais de vangarda.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

50 visitas guiadas na IV Semana do Patrimonio Invisible, que se celebra do 13 ao 17 de setembro

08/09/2021

O Pazo de Raxoi acolleu ás 11.30 horas desta mañá a presentación dunha nova edición da Semana do Patrimonio Invisible de Compostela. No evento estiveron presentes a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, o deputado de Cultura da provincia da Coruña, Xurxo Couto, e César Abella, director de Trivium, Estratexias de Cultura e Turismo que coordina o evento.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

A explosión da voz das mulleres protagoniza a Respira!

07/09/2021

A terceira entrega do festival terá lugar os días 21 e 22 de setembro con senllos recitais de grande impacto: "O ruído do lume (A palabra en combustión de dez poetas galegas)" e "Atravesei a cerca" en tres espazos pouco coñecidos da cidade.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Santiago acollerá sete concertos da XI edición do festival Peregrinos Musicais e a Gala Laureados

07/09/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o secretario xeral de cultura, Anxo Lorenzo; a directora do festival, Ilona Timchenko; e o director adscrito da Real Filharmonía de Galicia, Maximino Zumalave, presentaron no Museo das Peregrinacións a XI edición deste festival, que arranca o próximo 11 de setembro, e que contará este 2021 con quince citas imprescindibles para os amantes da clásica, ademais da Gala Laureados, na que os sete finalistas desta edición compiten para alzarse co premio final.

Leer más
Compartir: