POLÍTICAS SOCIAIS

O Concello asina novos convenios con FEAFES, Don Bosco, Asociación Sarela e Fundación Andrea por un importe total de 71.000 euros

05/07/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado pola concelleira de Políticas Sociais Mila Castro, asinou esta mañá cinco novos convenios por un importe total de 71.000 euros. Os acordos subscritos hoxe foron con FEAFES, Don Bosco, Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela e Fundación Andrea, e súmanse aos 5 convenios asinados a semana pasada con Proxecto Home, Cáritas, a Cociña Económica e o Albergue Xoán XXIII por un importe total de 315.000 euros

Leer más

DEPORTES

Recepción ao Club Waterpolo Santiago

05/07/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu hoxe a unha representación de nenos e nenas do Club Waterpolo Santiago tras os títulos acadados de campións da Copa Galega 2020-21 en masculino e feminino; campións de Copa absoluta 2022; e campións de Copa e Liga benxamíns e alevíns 2022.

Leer más

CIDADES PATRIMONIO

O Grupo de Cidades Patrimonio acorda propoñer aos seus gobernos autonómicos estreitar a colaboración

04/07/2022

Durante a Asemblea, celebrada a pasada fin de semana en Salamanca, os membros do Grupo analizaron o estado dos proxectos do Plan Impulsa Patrimonio e da Plataforma de Turismo Intelixente. Tamén se fixo balance do primeiro semestre do ano e se avanzou na programación do seguinte e na celebración do 30 aniversario do GCPHE en 2023. O concelleiro de Turismo de Santiago, Sindo Guinarte, tamén estivo presente na xuntanza.

Leer más

PLENO

O Pleno aproba a modificación puntual do Plan Parcial do SUP-1, nos quinteiros 1 e 2 de Romero Donallo

04/07/2022

O Pleno acordou hoxe a aprobación definitiva da modificación puntual do Plan parcial do SUP-1 de Romero Donallo nos quinteiros 1 e 2, que supón unha reordenación dos volumes neses dous ámbitos. Tamén se deu luz verde ao Estudo de detalle do quinteiro 6 do mesmo proxecto, así como ao Plan parcial de ordenación do SUND-8 en Monte de Vidán. Durante a sesión de hoxe tamén aprobou, por unanimidade, o V Plan Municipal de Igualdade do Concello.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba o II Plan de Contratación, que recolle 150 contratos cun valor estimado de 684 millóns de euros

04/07/2022

A Xunta de Goberno local deu luz verde ao II Plan de Contratación, que inclúe 150 contratos cun valor estimado total de 683.937.482,12 euros. Foi un dos asuntos máis destacados da primeira sesión ordinaria do mes de xullo, na que tamén se aprobou o expediente para a realización das obras de reacondicionamento da plataforma da marquesiña de Xoán XXIII.

Leer más

EIXO ATLÁNTICO

A Alameda acolle esta fin de semana unha feira para degustar e mercar produtos tradicionais de Galicia e Norte de Portugal

01/07/2022

A Feira de Produtos Tradicionais do Eixo Atlántico chega ao Parque da Alameda de Santiago os días 1, 2 e 3 de xullo, coa presenza de 15 produtores de Galicia e Norte de Portugal e dous artesáns de Galicia que promoverán e venderán os seus produtos ata o próximo domingo. O alcalde de Santiago asitiu esta mañá no emblemático parque compostelán ao acto de inauguración que tamén contou coa presenza do alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García; o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán...

Leer más
Compartir: