RECOLLIDA DO LIXO
O concelleiro de Limpeza Viaria anuncia "tolerancia cero" contra os vertidos ilegais e o depósito de lixo nas rúas fóra de horario
O concelleiro de Recollida do Lixo e de Limpeza Viaria, Juan de la Fuente, anunciou que tras unha primeira fase de detección e de notificacións, o Concello vai proceder a sancionar a aqueles particulares e empresas que sigan depositando residuos en vertedoiros ilegais, así como aos establecementos que deixen o lixo nas rúas fóra do horario establecido.
NADAL
Os pequenos do campamento de Nadal do Centro Don Bosco visitaron o Pazo de Raxoi
Os concelleiros Amelia González e Adrián Varela recibiron en Raxoi os nenos e nenas que participan no campamento de Nadal do Centro Don Bosco.
NADAL
A Praza de Abastos sorteou 45 cheques de compra e un soldo mensual para 2012
Os concelleiros de Mercados, Reyes Leis, e de Cultura, Ángel Currás, exerceron de mans inocentes no sorteo de Nadal da Praza de Abastos, co que se pechaba a campaña O Nadal que ti queres, posta en marcha polo mercado.
NADAL
Entregados os premios dos concursos de beléns e de ambientación de Nadal
O Salón Nobre do Concello acolleu a entrega de premios do I Concurso de Beléns e do I Concurso de Ambientación Navideña, que tiveron como gañadores, respectivamente a Rogelio Pérez Sandá e a Asociación de Veciños "Brañas de Andrés" (beléns) e ao Hostal dos Reis Católicos (ambientación).
BENESTAR SOCIAL
Clausura do campamento "Urbanadal"
Quince nenos e nenas participaron do 23 de decembro ao 5 de xaneiro na segunda edición do campamento urbano Urbanadal, organizado polo Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte da Concellería de Benestar Social xunto coa ANPA do CEIP Apóstolo Santiago. Este campamento prestou aos residentes da Zona Urbana Santiago Norte, un servizo de apoio á conciliación da vida laboral e familiar no tempo de vacacións escolares desta época do Nadal.
NADAL
Os Reis Magos encheron Santiago de ilusión
Os Reis Magos volveron congregar nas rúas de Compostela a nenos e nenas cargados de ilusión na tradicional Cabalgata. Á espera dunha noite máxica e dos agasallos, os pequenos recibiron case tres toneladas de caramelos sen glute das Súas Maxestades, que tamén escoitaron persoalmente as peticións de todos eles.
EDUCACIÓN
Festa de clausura de Nadalxogo 2011
O programa de conciliación Nadalxogo 2011 concluíu cunha festa especial no pavillón polideportivo do CEIP Pío XII. A esta celebración asistiron todos os nenos e nenas que participaron ao longo destas vacacións de Nadal no programa, realizado nos CEIP de As Fontiñas, Ramón Cabanillas e Pío XII.
BENESTAR SOCIAL
Máis de 200 rapaces recibirán xoguetes grazas á campaña "Compar-T un xoguete"
A campaña Compar-T un xoguete, posta en marcha polo Equipo de Dinamización Social do programa Urbana Santiago Norte, permitirá repartir, ao longo da xornada do 4 de xaneiro un total de 720 xoguetes, grazas á colaboración desinteresada de particulares e diferentes entidades.
NADAL
Os Reis Magos chegarán a Compostela en tren e cargados de caramelos
A carteira real deste ano, a concelleira María Pardo, anunciou a visita dos Reis Magos, que un ano máis chegarán a Santiago en tren. As Súas Maxestades realizarán a tradicional Cabalgata polas rúas de Compostela, repartirán case tres toneladas de caramelos sen glute e atenderán a todos os nenos e nenas.
NADAL
Un veciño de Mallou e a Asociación de Veciños Brañas de Andrés gañan o I Concurso de Beléns "Compostrela"
O xurado do I Concurso de Beléns e do I Concurso de Ambientación Navideña deu a coñecer os gañadores de ambos certames. As concelleira de Comercio, Reyes Leis, e de Urbanismo, María Pardo, anunciaron os seus nomes nunha rolda de prensa tras a reunión do xurado, do que formou parte o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa.